ALEGRO MA NON TROPO....CATRO ESTACIONS.

PIANISIMO......INVERNO

Gustaría de ser os teus ollos
para sentir o que ves
cando che quedas escura
e silenciosa mentres navegas por entre
o negro e o branco do pasado.



Gustaría de ser a túa pel doce
como o néctar de una flor entre
túas mans.
Gustaría de ser os teus soños de muller
cando te entregas
e abrazar os teus segredos entre meus brazos.



Gustaría deixar fuxir as cores do presente
rachar as cadeas dos medos e temores
e voar como o paporroibo no verán.
Gustaría de vivir eternamente en ti
e o teu lado.



ALEGRO MA NON TROPO..........OUTONO

Entrelas sombras daqueles tempos
ei de rescatar o noso medo.
Baixo as mantas de lá prestadas ;
os nosos corpos en descuberta entrega
os teus bicos de fada
os peitos duros entre as miñas mans
para saborear luxurioso,
aquela ferida virxe que me recibe
e o desexo
fundido en ti, e baleiro.



Ti e mais eu, soamente
pan tostado e marmelada de maza
nunha tarde de inverno.
Sobre a escarcha xeada no albor
nèboa do ceo
no lusco fusco,
as despedidas
as postreras caricias,
as miradas perdidas,
os beizos en saliva salgada, pintados
e aquel tempo
que se nos escapou entre os dedos
como a auga, a neve fundida
e o vento.



Sons de fresa e chocolate
de zapatos vellos
e petos furados.
Cando Eu me sentía aínda capitán dos meus
Soños novos,
e amarte era o único verdadeiro.

ANDANTE..............VERAN.

Algunhas noites gusto acubillarme entre a herba, en silencio, e contar estrelas,
en paz comigo mesmo.
Errático, fugaz, incomprendido, miro o ceo escuro como os meus pensamentos
pretendendo saír indemne na loita contra as sombras que me afogan, a traizón.
Combater tanta intemperanza
someter nun vaso de auga, este remuiño de nostalxias,
e deixar que pase como tormenta de verán.




Mentres estou a contar estrelas, cometas e planetas no firmamento dos soños.
As veces,gusto dos espellos en vao pintados, nos que non me miro
gusto dos reloxos de area,estragados
dos labirintos nos que me perdo como un tolo, sen conciencia.
E conto estrelas no infinito baleiro do espazo inexistente, sen desmaio.
E así apuro en cada gota de este doce solpor
veleno para non esquecer,como antídoto a soidade
e berro para non sentirme tan só cando non che abrazo.
Tamén chorro bagoas de sal, para non esquecerme de que estou vivo,
e continuo a camiñar, un paso mais,
outro de cando en vez, cambaleándome como un borracho,
mentres me detenmo a contar estrelas,
como un cego condenado a negrura do pasado.



MOLTO VIVACCE......PRIMAVERA

Florecerán os Lirios a sombra do teu alento,
de muller e vida.
De entre os aloumiños e os bicos roubados
teu nome escribirei sobre as ondas perdidas,
mentres que o silencio culpable
ábrese paso, titubeante doutro tempo xa pasado,
e me afasta,
e me acompaña,
me engana docemente, e me aniquila.



Florecerán os Magnolios e as Papoulas
en vermello revestidas,
e os teus soños
envoltos no néctar dos homes,
de luxuria contida
que estoxa, repugna e intoxica.




Florecerán os Pradairos e as Camelias
e de novo sorriremos, como antes
cando nada era mentira.,
os corpos en descuberta
primeira das leccións aprendidas..


Comentarios

Marina ha dicho que…
Espero haber entendido todo lo escrito. Lo he leído sin traductor, de algo me tiene que servir mi año de portugués.

Me quedo con el invierno, aunque si me das a elegir, pero de verdad, me lo quedo todo, me parecen unos versos preciosos.

Por cierto Ícaro...¿Quién por volar no quemaría sus alas?.
Un abrazo poeta.

Entradas populares