lunes, 9 de enero de 2012

DESCONCERTO




Veño de rebulir nas terras dos soños

trala chamada do novo vento do norte.

Veño de abrazarme nun fundido en negro

cas polas dun desnudo vergoñento

de outonos permanentes de carballos e mentiras,

nesta fraga da friaxe na que durmo.

Veño de mirar cos ollos francos

mais aló do pensamento

neste presente estrano de recordos e fantasmas.

Veño de escoitar a musica das fontes

de enmeigar as bágoas dos solitarios

e soñar un pesadelo de ausencias e vida malgastada

desconcerto estridente no que habito

silencio eterno de palabras e chiscadelos a morte

compañeira tan odiada.
Publicar un comentario