jueves, 22 de marzo de 2012

NA VERTICAL DA NOITE.-





Na vertical da noite
o tempo transformase en ausencias
os recordos son olvidos
e as sombras dos fuxidos
borrosos silencios para os meus ouvidos xordos.
Na vertical da noite
entre-los visillos grises do pasado
asoma teimudo o principio da nada
e o futuro cativado polo feitizo do incerto
que grao a grao se verte confundido
baixo o frío cristal inerte do baleiro
diante da morte.
Na vertical da noite
non hai descanso nin suspiros
so fame, xeo e sangue
cheiro de carne queimada
orines putrefactos e humores gangrenosos
dos vivos.
Na vertical da noite
os mortos xa non ulen,
son pasado; cinza , po e lama
do camiño abandonado.
Nesta vertical eterna da noite
na que deambulo como borracho solitario
asasino de ilusións e soños infantís perseguidos
non atopo a saída do labirinto
no que me haio
e berro coma un poseso
pola dor do lume
no que ardo
nesta interminable vertical da noite.
Publicar un comentario