¿QUEN SON EU.........?



¿Quen son Eu?...........
¿Eu que son.?
¿Recendos de luz e de sombras
na beirarrúa da memoria esquiva.?
¿Cruz e raia no mudo papel que escoita
e fala sen fatiga ni derrube?.

¿Camiñante sen camiño
na borrosa liña do horizonte das augas
na que afogo?
Que son, acaso
cando diante do espello no me recoñezo
cando miro e non vexo
cando gardo silencio
cando quero escoitar as palabras
e sinto o vento .
¿Que son Eu?.
¿Onde dubido borracho
senón na casa do fracaso na que habito
nesta carballeira maldita?

¿Que podo ofertar nesta vida de feirantes
que vendemos cada día?
Un perfil feble e desdebuxado do pasado
Un recordo nun albume de fotos
Unha pegada na area da praia
borrada pola marea.
Un feixe de temores e de medos
de continua contradicións e mentiras
ou medias verdades de cores, fresas e manteiga.  
¿Eu que son?
¿Materia orgánica
espírito e carne, auga e sal dos mares
azul, vermello e negro betume
como a noite na que me perdo entre bares?.



¿Quen son Eu?
Acaso ti o saibas algún día
cando so sexa un nome
nun rexistro abandonado
fantasías e soños do pasado.

Comentarios

Entradas populares