domingo, 12 de mayo de 2013

CONTRA VENTO E MAREA.

Contra vento e marea
paso a paso
golpe a golpe
camiñante facendo camiño
paseniño énos chegar
o fin dos alleos soños
os que nin nos van
nin nos veñen
porque non nos atinxen.
Contra vento e marea
así no doce solpor dos ausentes
imos contar estrelas na noite escura
sen Lúa
que ti dormes.
Contra vento e marea
tan so iso
unha muller núa
e un home
dous corpos nunha eterna aperta
fundidos,
en branco e negro
de bagoas quentes
mans no ar
ollos cegos
e morte……

Publicar un comentario