martes, 28 de mayo de 2013

NEGRA SOMBRA.......


Unha vez lei :
Ninguén tería que morrer os vinte anos.
Eu, aquí e agora, anos despois
coa amargura e o sabor agre das moitas tristuras
do fracaso e a frustración propia e allea,
e o pouco pelo cheo de canas brancas
engado sen acritude;
Ninguén tería que morrer xamais.
Sinto que a morte e obscena.
Fai unha demostración absoluta de falta de pudor.
Usa e abusa do seu poder coa prepotencia
do que sábese gañador
e non ten presa nunca
porque dispón de todo o tempo do mundo.
Xoga sempre coa avantaxe de coñecer o resultado final
ata cumprir  os seus obxectivos.
Agora estás e un chisco despois desapareces.
Quizabes si soubeses a priori e antes de ter tomado
unha ou outra decisión, as consecuencias dos teus actos
todo podería chegar a ser doutro xeito.
Colles un camiño e xa está,
non tes posibilidade de regresar
non hai dereito de retracto.
A morte fai un derroche deshonesto de fin
en se mesmo
E ti; mortal de carne e oso
non tes defensa, nin podes argumentar
so che queda esconderte e xogar as agachadas
a ver se tes sorte e pasa de largo
e deixa o teu viaxe para outra.
A morte  resulta inxusta
innecesariamente  desapiadada e dolorosa.
So temos unha posibilidade de vencela
A memoria.
Recordar sempre e vivir
derrotando a súa negra sombra cruel
de amargura e medo,
porque en tanto alguén che recorde
segues a vivir nel.


Publicar un comentario