TES QUE COÑECELO MAR.



Tes que coñecelo mar
As ondas salgadas bicando a area
así namoradas
mornas, doce ou salvaxemente enfadadas.
Tes que coñecelo mar
cando bate contra os cantís
nos invernos do vento nordés
tempos de alboios e furnas.




Tes que coñecelo mar
din que ten sabor a fresa e nata
a sal;
agrea e doce o mesmo tempo,
din que no seu fondo abisal nadan sereas
e baleas e mil peixes descoñecidos
e que están por descubrir  tesouros inmensos
cofres cheos de ouro e diamantes e pedras fantásticas
quizais, quen sabe.





Tes que coñecelo mar
e mirar o sol cando se afonde
derrotado pólas sombras da noite
vermello e negro
agachado no horizonte e nos deixa  sos
cos soños de terras por atopar
de ilusións e fantasías  das aventuras
doutras vidas que non imos vivir xamais.
Tes que coñecelo mar e sentirte pirata
ou seren naufrago nunha illa solitaria
e recorrer baias, dobrar cabos, superar tempestades
bañarte nas augas frías dos pólos
ou nas quentes dos paraísos tropicais




Tes que coñecelo mar
e cantar ;
Con diez cañones por banda 
Viento en popa a toda vela....
Tes que coñecelo mar
e coller as cuncas das praias solitarias
e mollar as mans coa espuma das ondas
e temperar os sentidos
e voar coma gaivotas
E soñar.....




Tes que coñecelo mar.

Comentarios

Gelu ha dicho que…
Buenas tardes, Ángel:

..."Tes que coñecelo mar"

En estos días tan especiales, el recuerdo vuela hasta tu tierra y sus gentes.

Abrazos.
Angel Utrera ha dicho que…
Muchas gracias Gelu, por cierto que estuve ----de paso----recorriendo t tierra, camino de Barcelona.

Entradas populares