ESTIO
Daquela epoca incerta inexistente e escura de estìo
da que xa tan so gardo no
meu faiado da memoria
raiolas dun sol timido
entrelas polas marelas dos castaños,
bermellos da tarde nun
ceo mustio de sacristia e pecados
retais de vento
murmurando os meus recordos
esquecidos tralos muros
quedos e anacos de soños que se foron
Tan so teño señardade.
Non podo recordar senon o silencio por mais que o
intento.
Tan so queda a realidade
dunha imaxe borrosa
desdebuxada en ocre e
pardo dunha vella foto na repisa da sala
muda testemuña dos
invisibles anos das ilusions perdidas.
O meu pasado, neste estío
da vida que vendemos.
Comentarios