A CAMPÁ DA VELA......


Cando Eu era neno
e aínda non era chegado
o meu tempo,
as veces
espertaba na noite xeada
soñando cos lazos nas fontes
dos xardíns do Triunfo
onde iamos xogar as bolas
ou as agachadas
e as coriscadas da madrugada
ao despuntar o día
alumiñando os adoquíns das rúas
cas pingas das follas mortas
sobre os carrís do tranvía de Albolote.
E así entre as brétemas brancas do lusco fusco
e as sabas escuras da noite sen Lúa
fuxía da infancia
e me deixaba ir
coma na miña bicicleta
facéndolle carreiriñas ao vento,
ao compás da a campá da Vela
a que escoltaba en silencio
soando morna ,entristecida e soa
alá na torre vixía
intermitentemente son e silencio
palabras da Alhambra
auga estancada que chora
silueta recortada sobre a Serra Nevada
en días en branco e negro
de recordos e nostalxias
lembranzas e fantasías
doutra hora.




Comentarios

Entradas populares