CONTAR ESTRELAS......

Algunhas noites gusto  acubillarme entre a herba, en silencio, e contar estrelas,
en paz comigo mesmo.
Errático, fugaz, incomprendido, miro o ceo escuro como os meus pensamentos
pretendendo saír indemne na loita contra as sombras que me afogan, a traizón.
Combater tanta intemperanza
someter nun vaso de auga, este remuiño de nostalxias,
e deixar que pase como tormenta de verán.
Mentres estou a contar estrelas, cometas e planetas no firmamento dos soños.
As veces,gusto dos espellos en vao pintados, nos que non me miro
 gusto dos reloxos de area,estragados
dos labirintos nos que me perdo como un tolo, sen conciencia.
E conto estrelas no infinito baleiro do espazo inexistente, sen desmaio.
E así apuro en cada gota de este doce solpor
veleno para non esquecer,como antídoto a soidade
e berro para non sentirme tan só cando non che abrazo.
Tamén choro bagoas de sal, para non esquecerme de que estou vivo,
e continuo a camiñar, un paso mais,
outro de cando en vez, cambaleándome como un borracho,
mentres me detenmo a contar estrelas,

 como un cego condenado a negrura do pasado.


Comentarios

Entradas populares