jueves, 23 de octubre de 2014

O QUE NON É.....








O que non está non é
non ten forma,
 e irreal  e borroso.
O que está feito da esencia dos soños
no confía na voz escura do que o ten por certo
é coma a mentira que o corroe,
o esquecemento ruín dun can asilvestrado
vagabundo na chaira,  na que perdido
te acompaña, coma néboa verde.



O que non está
é a fuxida da raia que esvaída no lusco fusco
deste silencio profundo e total
non é, non está, non existe.
O que non existe
é a  húmida larva devorada polo tempo
lostrego fugaz,
 hospede do medo agachado neste burato gris
que cheira a nada.

   






Publicar un comentario