sábado, 18 de octubre de 2014

SEMPRE ........








Sempre que te nomeo 
neste outono ocre do pasado

digo silencio
e un mar de chuvia
inunda as pedras quentes das rúas
que rodean a miña casa.
Sempre que te  nomeo 
digo tristura e penso en ti.
Sempre que te nomeo
 te busco e non te atopo
es coma petalos de mel
e follas secas da praza
onde agardaba por ti noite tras noite
buscándote agachado trala ventá
dos recordos.
Sempre que te nomeo
digo bágoas
e unha luz intermitente que se apaga
na espera desta morte gris
na que vivo.
Sempre que te nomeo
chega a chuvia
porque ti mesmo es
coma pingas de auga




Publicar un comentario