O ASCENSOR






O ASCENSOR

Na casa  ignóranse. Se cruzan polo corredor un dia e outro  mais non se miran, son invisibles o un para lo outro. Espectros que teñen vida propia pero non a comparten. Comen xuntos en absoluto silencio. O baleiro enche de son a ausencia das palabras. Un vaso ao posarse no taboleiro da mesa, unha culler contra o prato de sopa, un esbirro, o rechiar das patas dunha cadeira. Semella que están sos o un e o outro, outra, en se mesmo , agochados, encadeados, incapaces de fuxir ou atopar unha saída. Nembargante  non é o que  parece, porque para eles, a vida deste xeito é que é sen dubida algunha o natural.
Comparten  espazo, cama e  vida pero non se coñecen. Sinxelamente se ignoran, non existen  como parella, nin matrimonio, son el e ela, o un e a outra.
No  ascensor, cando por causalidade coinciden ao regresar dos seus traballos, ou ben volven xuntos dunha consulta médica, o dun paseo nunha agradable tarde calquera de outono ou primavera, todo es diferente. 
Se 
abalanzan un sobre o outro, arrincándose case que a roupa a trompicallos coa  presa  da urxencia contida e o desexo insatisfeito polo medo que impón a luxuria,  nunha unión de corpos e desexos frustrados, devezos de pracer desaforado, bocas comprimidas unha contra outra nun bico eterno, nun buscarse de linguas e salivas, mentres o seu membro erecto, durmido e esquecido dia tras dia, penetra na ferida da súa amada con furia incontida en ansia desbocada , e se verte e baleira nunha sinfonía acompasada de xemidos e murmurios de catro minutos, o que dura a subida en doce letanía, dende o relanzo ata el sexto A, onde ingrávidos repousan despois do desenfreo, recuperando a atonía da ignorancia dos inimigos íntimos .

Catro minutos apenas, nos que viven a vida que vendemos nun ascensor de  motor cordas e poleas, testemuña muda e ausente do fracaso,  entre renxer de ferros e suor de corpos no desexo do sexo consumidos.

Comentarios

Entradas populares