lunes, 26 de octubre de 2015

A CIDADE ......(POESIA DO DESENCANTO).



O monstro latente da cidade
confundido nos recunchos das esquinas
engole o home de auga
que transita translucido
buscando o lugar de ningures.




Mais ala da noite
fundido en branco e negro
en conversa agrea con sigo mesmo
vai na procura do que o novo dia
traeralle de fronte, a traizón ou por sorpresa.

E o home de auga
devorando coma Saturno reencarnado
os seus fillos de xeo

deixa devagar a súa confusión
nas formas baldías da chaira negra
nos desertos dos espellismos
no ermo dos ausentes xa esquecidos 
aínda penitentes en santa compaña
de formas treboentes
entre ferruxe, muros de cemento

e indiferenza.
Publicar un comentario