domingo, 3 de enero de 2016

SEIS POEMAS EN GALEGO. (FEDERICO GARCIA LORCA).---------"6 POEMAS 6 " A HOMENAXE.......


A orixe dos "Seis poemas Galegos", de Federico Garcia Lorca, que inicialmente estaba previsto foran publicados o 25 de Xullo do 1935, non sairían do taller de impresión de Ánxel Casal ata o 27 de Nadal do mesmo ano grazas a intervención tanto de Ernesto Guerra Dacal, como de Blanco Amor,  mentores e amigos íntimos do poeta Granadino, baixo o selo de Edicións "Nos. e que levaría o prologo do propio Blanco Amor.















Foi na viaxe que Lorca realizara ao noso Pais, na primavera do  ano 1932, como director do Teatro Universitario "La Barraca", cando estes seis poemas comezan a tomar sentido na mente e as palabras de Federico, que coa axuda de Guerra da Cal, como el mesmo confesaralle na correspondencia que mantivera con Blanco amor, xa dende o exilio Americano;..."Él me decia un verso en castellano, yo se lo traducía al Gallego, y el hacía lo que le salía de los cojones líricos"....(Recoñece Guerra da Cal).
Foi nas revistas "Yunque e Resol", onde se publicou por primeira vez o poema -Madrigal á Cibdá de Santiago- versión autógrafa e titulo en Castelán, curiosamente o único que se conserva dos seis, que inicialmente ían seren tan so dous, pero que a raíz da morte tráxica do torero, escritor e figura de relevancia  da xeración do 27 Ignacio Sanchez Mejia, sumido Federico, unha profunda melancolía pola súa desaparición, foron medrando ata os seis definitivos que hoxe coñecemos. Os únicos que por certo, o poeta andaluz escribiu noutra lingua que non fora o Castelán.  Precisamente é Angel Fole, despois da conferencia que Lorca da en Lugo, o que pídelle que colabore na revista Yunque, entregándolle o poeta, o manuscrito que despois ia ser publicado por Resol, e ase mesmo nos xornais Madrileños, El Sol y el Pueblo Gallego.
Da sensibilidade natur









al de Federico Garcia Lorca, e o seu leve e doce contacto coa nosa terra e a súa xente, saíron estes Seis poemas, impresionantes; Madrigal á Cibdá de Santiago, Romaxe de Nosa Señora da Barca, Cantiga do neno da tenda, Noiturnio do adoescente morto, Cancon de cuna pra Rosalia Castro, morta, e Danza da lúa en Santiago.

Hoxe oitenta anos mais tarde, trinta e seis poetas da terra   poden crear poemas conxuntos.Promover un libro diferente permite que os egrexios destinatarios, Federico Garcia Lorca e Ánxel Casal, reciban un agasallo, con algo de mérito, conmemorativo de datas importantes nas vidas de ambos. Este libro trae achegas de 36 poetas de noso, de diferentes idades, estilos e xeografías, que xungiron as voces para crearen cada 6 un poema conxunto......Penso a primeira lectura dalgúns destas palabras libres en forma de pensamentos, poesía e soños, (Terá que haber unha segunda e moitas mais co tempo), que o meu benquerido poeta da vida, Federico e o seu mentor e amigo en Santiago Ánxel Casal, quedarían ledos e sorprendidos pola fermosura, elegancia,frescura e intensidade que estes poetas foron quen de atopar baixo os "Seis Poemas Galegos ", de onte fai oitenta anos....Para min foi un pracer asistir a presentación deste fantástico proxecto, teledirixido vía internet (as veces a rede serve para moito, e non so para publicar selfis, e informar a todo o mundo que un está na Cochinchina dándose unha enchente de patacas con chourizo e ovos fritidos), por Suso Díaz, Helena Villar Janeiro e Tucho Calvo....Parabéns polo traballo e unha enorme, enorme e sen limites envexa -por suposto san- polo voso-noso libro. 6 POEMAS 6 (Homenaxe a Federico Garcia Lorca).
Publicar un comentario