OS CONTOS DO CASTROMIL................

 Contos de CASTROMIL.
Na primavera do ano 1992 xorden baixo o patrocinio da Xunta de Galicia, "Xacobeo 93", curiosamente presidida  naquel entón, por nada mais e nada menos que D. Manuel Fraga  e da Asociación de funcionarios para a normalización lingüística, e baixo a Dirección literaria de Xosé Gonzalez Martinez, Paulino Novo, Xosé M. Rodríguez Abella, e Xoaquín Monteagudo;os "Contos do CASTROMIL, colección que pretendía achegar ó lector e viaxeiro unha selección de textos e autores Galegos, de relatos imaxinativos novos escritos ao propósito, polos autores do Pais, e que se entregaban xunto co prezo do billete nos viaxes en bus- CASTROMIL- polas Estradas Galegas, totalmente gratuítos.
Por certo que xa podería tomar nota da actuación a prol da nosa lingua de D.Manuel o noso inclito presidente Feijoo, que leva sobre as súas costas as aprobacións das medidas e decretos mais nefastas e regresivas contra o Galego, que se poidan recordar na recente historia da nosa Democracia. 
O Primeiro daqueles contos, "EVARISTO DO CINE", foi o do escritor por certo Manchego, xa que naceu en Ciudad Real, no ano 1947, aínda que leva toda a súa vida en Galicia, onde como mestre e enxeñeiro de telecomunicacións, ten escrito diversas obras, éntrelas que destacan: A Nosa Cinza, Cárcere Verde, Latitude Austral, Fábula, etc.
Polos contos do Castromil, pasaron deixando a súa pegada en forma de contos, lendas, historias, escritores tales como: Helena Villar Janeiro, -Á tarde das maletas, -David Otero,-Castromil no espello de Compostela-,Manuel María,-Auto do Castromil ou a revolución dos baúles-,Xosé Neira Vilas,-Papeis-,Xesús Rábade Paredes,-O Viaxeiro invisible-,María Victoria Moreno,- Querida Avoa- (terceiro dos exemplares e contos publicados na colección da que estamos a falar),Úrsula Heinze,-Rodolfo,- (por certo o segundo conto da colección).
Realmente non sei cantos destes contos chegáronse a imprimir e agasallar os viaxeiros, o longo desta fermosa primavera do 92, o ultimo que teño recollido despois de rescatalos dos estantes esquecidos da librería Follas Vellas, en Compostela, onde permanecían agochados, eleva o número vinte e dous, corresponde o conto de Xesús Rábade Paredes, mais tampouco importa en demasía se foron dez ou cen, o feito é que esta iniciativa, que Eu saiba ou coñeza, nunca mais repetida, ten un valor inesquecible como acción emprendida en prol da literatura e a cultura en xeral; colección divulgativa das obras dos nosos escritores, como un xeito importantísimo de normalizar a escrita e fala na nosa lingua, e como medio de difundir e facer cultura masivamente de forma sinxela.
Angel Utrera.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Cando a empresa Castromil facía país en Galicia arredor do seu idioma...
A galeguización da empresa Castromil  nun perído tan breve de tempo animou a moitas outras empresas a seguiren o seu exemplo, evoca este autor na súa volta a MUNDIARIO.
Xosé González Martínez  25 de marzo de 2015 (17:25 h



O galego en Xornal de Galicia
A galeguización da empresa Castromil  nun perído tan breve de tempo animou a moitas outras empresas a seguiren o seu exemplo, evoca este autor na súa volta a MUNDIARIO.

Nada é máis satisfactorio para o ser humano que sentirse dono dunha personalidade orixinal, forxada en actos singulares e protagonista do seu tempo, así como dunha utilidade que transcenda aos demais e asi mesmo. É pola orixinalidade dos nosos actos como perpetuamos a nosa memoria e contribuímos a crear referentes para a sociedade, que sempre precisou de modelos nos que se mirar, para construír o relato histórico da nosa identidade colectiva.
Con estas palabras iniciaba días pasados a miña intervención nun encontro  que o Foro E. Peinador mantivo con  empresarios da comarca do Barbanza que preside  Antonio Miranda, un emprendedor que predica co exemplo da explícita galeguidade nos seus negocios. A miña intención era espertar no auditorio o sentimento de País que sei que aniña neles, pero que non acaban de concretar nas súas actividades económicas.  As causas son de moi variado tipo e nelas andan mesturadas as inercias históricas e os complexos lingüísticos.
Nestes encontros habituais con empresarios as miñas exposicións están salferidas de anécdotas ilustradoras. Cóntolles, por exemplo, como se producira a conversión lingüística de Castromil, a máis importante empresa do transporte público naqueles tempos en Galicia.
Todo empezou en 1989, despois dunha conversa co presidente do Consello de Administración, o admirado amigo Ramón Castromil Ventureira. Estaba convencido de que na súa empresa sempre houbera conciencia de Galicia. Mais había que concretala, por iso decidíu dar o paso e galeguizala. En 1994 explicábao así: “Actualmente, e despois dun período histórico onde o que se pretendeu foi que se esqueceran as pegadas do noso patrimonio cultural e lingüístico, é dicir, desprovernos dos nosos sinais de identificación, Castromil, S.A., está en período de recuperarse con toda rapidez, do que nunca, no fondo, deixou de ser: unha empresa por e para Galicia”.
Tan rápido foi, que en menos de dous meses empezamos a desenvolver un plan ambicioso que foi ben visible para todos os viaxeiros: sinalética, billetes en galego; música ambiental e documentais  sobre o patrimonio cultural de Galicia nos monitores de televisión dos autobuses, que foron rotulados todos eles con nomes de escritores e personaxes históricos; e ademais, en colaboración coa Xunta de Galicia, editamos os “Contos do Castromil”, que se repartían de balde aos viaxeiros. As nóminas e  negociación colectiva redatáronse no noso idioma, incorporando ao texto un artigo recoñecendo os dereitos lingüísticos dos traballadores.
A empresa Castromil foi un exemplo de galeguización empresarial que mereceu os parabéns dos usuarios pola celeridade e naturalidade que contaxiou de entusiasmo a outras que axiña imitaron o seu exemplo.

-----------------------------------------ooooooooooooooooooo---------------------------------------------------------

Presentación de «Contos do Castromil»

Presentación da iniciativa Contos do Castromil.
Preside Manuel Fraga, presidente da Xunta. Hostal dos Reis Católicos.
Trinta contos orixinais dos escritores galegos máis representativos. Os escritores renunciaron a compensación económica. Todos eles recibiron un carné que lles permite viaxar sen pagar en calquera das liñas Castromil, igual có que no seu día tivera Don Ramón Otero Pedrayo, que usaba este autobús para vir de Ourense a dar clases á facultade de Historia e tomaba nota no camiño das bocarribeiras, igrexas e cruceiros.
Cada usuario dun autobús Castromil recibía de agasallo un conto:
Helena Villar Janeiro: A tarde das maletas
Xosé Neira Vilas: Papeis
Miguel Suárez Abel: Co dedo nos beizos
Suso de Toro: Miles de Castromiles
Manuel Rivas: O último rei dos galegos
Xesús Rábade Paredes: O viaxeiro invisible
Carlos G. Reigosa: A súpeta despedida de Ramón Beiró
David Otero: Castromil no espello de Compostela
Paco Martín: A se cadra verdadeira historia de Anxeliño Vil Troteira
Manuel María: Auto do Castromil ou a revolución dos baúles
Miguel Anxo Murado: Lista de Correos
Marina Mayoral: A man de neve
María Victoria Moreno: Querida avoa
Salvador García-Bodaño: O caleidoscopio
Xesús Ferro Ruibal: A miña oportunidade
Alfredo Conde: A morte de Blas
Darío Xohán Cabana: A excursión
Xavier Alcalá: Evaristo do cine
Borobó: «Xoán Po’reás» burlador de demos (lenda fantástica)
Xosé Luís Barreiro Rivas: O crego de Lebozán
Alfonso Álvarez Cáccamo: Castromil e unha noites
Antón Fraguas Fraguas: O conto de Serafín. O santuario da Franqueira
Xosé Chao Rego: A meiga e os frades. Lenda do Pedregal de Irimia
Claudio Rodríguez Fer: A muller loba
Carlos Casares: O galo de Antioquía
Francisco Fernández del Riego: San Andrés de Teixido
Euloxio R. Ruibal: A fonte de Ana Manana
Basilio Losada: Ero de Armenteira
Úrsula Heinze: Rodolfo
Xesús Ferro Ruibal: Os papiros do Medulio





Comentarios

Entradas populares