NA CALEXA DOS SOÑOS















Xamais atopei unha compaña que acompañe tanto coma a soidade. Beleza sublime que nos enfronta co abismo e nos aproxima a sensación de vertixe, a única capaz de facernos sentir que estamos sos con nos mesmos cara o único importante  da existencia mesma; a vida como tal.

 Ante a necidade dos discursos vacuos carentes de contido de hoxe en dia, o silencio é a única saída, balsa de Medusa, na que naufragar , refuxio universal  na que integrarnos coa naturaliza é o noso entorno tería que seren a única alternativa lóxica e consecuente. Buscar a harmonía co media ambiente na soidade do desengano da cidade e o regreso o medio natural, no que somos o que valemos coma homes.
Resulta imprescindible logo, a elección da soidade como única forma real de asomarse a este mundo de feitizos,de luces e sombras, de bágoas quentes e baleiro, de pasado e ruínas, de pedras e esquecemento, e a nosa obriga e tentar amosalo en soidade e silencio, detrás dunha cámara fotográfica, atrapando o que o ollo é quen de captar, ver e non so mirar, esta salvaxe fermosura natural que nos rodea, nos habitantes inconsecuentes e inconformistas da fronteira entre o cristal transparente dos ruídos, o acero e a friaxe segreda nos corazóns mancados dos homes urbanos e ela, a vida que flutúa e corre morna, libre e sen mentiras ao final dos sendeiro, nas humidades putrefactas das congostras, na escuridade luminosa das fragas e bosques, no silencio total e absoluto que chama por todos nos, dende o cumio das montañas en neve branqueadas, ou na liña vermella do horizonte descoñecido onde reposan as nosas olladas, frustracións e desencantos.

Temos que rachar, definitivamente, resúltanos xa vital rematar para sempre coa idea de que a naturaliza é iso que vemos ao través dunha ventanilla dun coche, a toda velocidade, porque sempre temos presa para chegar a ningures, manchas pardas, borrosas de chairas baldeiras case que sempre destrouzadas pola man do home e o progreso que todo  o destrúe ou domestica ou amolda os nosos intereses económicos, de rentabilidades, plusvalías ou beneficios.

E necesario mudar a idea de naturaliza, que estase a asentar na mente dos nosos fillos, mais próxima a un xardín, unha maceta ou un ramo de flores cultivadas nos invernadoiros, que na grandeza dos fondos abisais descoñecidos que infunden pavor, ou as inmensidades chairegas dos cheos sublimes, por non falar dos misterios das selvas tropicais por descubrir, ou a chamada dos cumios borrascosos das cordilleiras montañosas. Nada somos diante do seu misterio, ante a súa magnitude e inmensidade inexpugnable e atraínte, diante desta beleza insubornable, que ninguén podo someter, forza incontenible que chama por nos.
Nos camiños que recorremos, nas congostras, nos sendeiros polos que devagar e deixarse ir na procura de novas descubertas, de sentirnos sorprendidos polo encanto dos nosos pensamentos, no silencio da plenitude e a ausencia de toda distracción, que non sexa nos e o que nos está a arrolar en todos e cada un dos poros da nosa pel de autómatas prisioneiros da vida, de sermos e comportarnos como tales homes pequenos no microcosmos desta biodiversidade viral e natural; de verdes e ocres, de negros e brancos, de pedra e madeira, de lama e cinza.

 Somos unicamente espectadores, admiradores deste enorme obra de creación que algunha vez un pintor tolo foi quen de crear como a súa obra mestra mais perfecta e completa, e que temos a obriga de conservar fronte ao espello das nosas tormentas interiores.
Éntrela naturaliza e o pensamento, éntrelo home e a sociedade devoradora da individualidade diferenciadora, o camiñante penetra na fraga das sensacións, onde a beleza é cada pola dunha árbore calquera, en cada folla verde, en cada primavera, ou en cada outono, e na soidade de cada un de nos o tesouro que o home atopa é esta vida que mana e brota incontenible o noso redor, salvaxe e pura.



O fastío, a monotonía, a sensación de estar mortos en vida, carentes de soños e ilusións, de desvaríos e esperanzas, de ousadía e valor, de aburrimento en definitiva, non é mais que ter domesticado o noso entorno e o tigre que levamos agochado cada un de nos, ó que obrigamos a se converter nun gatiño domestico.
Angel Utrera.

                        

Comentarios

Entradas populares