ALGUNHAS VECES NO SOLPOR......



 Algunhas veces  no solpor das interminables tardes de inverno;
entre grises e saudade,  e a chuvia chamando con forza nos cristais das fiestras abafadas polo vao;




sinto que o ceo estase como alfombrado de tormentas sobre o anoitecer murcho dos cantís verdes e a escuma salvaxe do mar enfurecido, das furnas dos avernos, cando bate contra a inerte sombra das gaivotas  que semellan suspendidas de  formidables fíos de  inexistentes arañeiras.
Entro entón deste xeito, nunha loita incruenta e extenuante comigo mesmo e os meus recordos silenciosos,

mentres recostado no vello sofá da miña sala de estar, do que fuxe avergoñada por algún que outro burato na tela, a esponxa de recheo e o pasado inerte  observo o liña difusa do horizonte trala que estase a formar unha poderosa e titánica negrura, como nos meus pensamentos;
e seica alí ten que agochase o abismo abisal da nada, esa mesma da que falaban nos albores das conquistas os agoreros do cabo do mundo, pesadelo afágante co que tremaban navegantes, mariñeiros e aventureiros dos océanos.



Busco  entón coa mirada o futuro cara afora en tanto o vento salaia por entre as vigas de madeira da casa e comeza o combate a morte coa terra e as súas xentes......(Angel Utrera). 


Comentarios

Entradas populares