miércoles, 31 de agosto de 2016

NOS OLLOS DA AUGA.

Nos ollos da auga

esvaran as imaxes

 en saudade.


Nas sombras dos recordos  esquecidos

as palabras agochadas;

a dor e o sangue vertido.



Nas teas de araña

os orballos das néboas aterecidas

de medos e vergoñas.




Nas chairas frías de gris calado

o vento nordés

que borra a memoria esquiva dos 

ausentes 




daqueles tempos, xa perdidos.
Publicar un comentario