TOPONIMIA DE AGOLADA (LUZ MENDEZ).Colecciòn Terra Nomeada.


Toponimia de Agolada. (Luz Méndez). Colecciòn Terra Nomeada.

Co Patrocinio da Real Academia Galega, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Agolada, onte a tarde, na casa museo das Neves, no recinto feiral dos Pendellos de Agolada, a Agoladesa, e mais concretamente Ventosina pola súa orixe, Luz Méndez, onte a tarde presentou o seu libro, primeiro dunha colación patrocinada pola Deputación de Pontevedra, baixo o titulo de Terra Nomeada, TOPONIMIA DE AGOLADA.


O toponimio é un apelativo (ou unha expresión) do vocabulario común, polo tanto, transparente, falante. A toponomástia é unha rama especial da etioloxía. A toponimia reflicte a historia e o xeito de que a xente se instala e convive nun territorio. (Anton Santamarina, no Seminario de Onomástica, Limiar do libro).





Segundo os traballos de investigación que levou a cabo Luz Méndez e dos que nos da conta no seu libro, o concello de Agolada, existe dende 1835. A nosa vila é capital dende o ano 193O, cando dende Borraxeiros, concretamente "A Guillerma", como xa é sabido se traslada a sede do Concello ao núcleo actual da vila, aínda que previamente estivo tamén en Artoño do Medio, dende o ano 1860.


No século XVIII o territorio de Agolada aglutinaba feligresias, integradas en varias xuridisciòns formando parte do territorio medieval de Compostela (Santiago), tales eran:
-Ventosa
-Borraxeiros
-Brantega e Orrea, agregadas ao couto do mosteiro de Camanzo.
-O Couto de Basadre.
-Agra baixo a xuridicciòn do mosteiro bieto  de Santo Antoiño (Toques)
-Brocos e Sesto, da xuridicciòn de Abeancos na terro do medio (Melide)
-O Sexo, do señorío do Conde de Altamira da xuridicciòn de Boente, (Arzua)

Ventosa, cerne do concello, xa existía no século VIII, e nos chaos de Aian, onde tiña lugar unha importante feira reuníanse xentes chegados de diferentes lugares. En tanto que a primeira mención da vila de Agolada, como tal documentase no 1788 por iniciativa do escribán Ramón Barrio Losada, como nos relata a autora no seu libro....e alí, arredor dese empalme, onde debía haber dúas ou tres casas- unha delas posiblemente casa taberna.......
A actual vila nace arredor do cruce de dous camiños medievais, un que viña dende Santiago pola ponte Vilariño , o  outro dende o Ribeiro, cruzando Rodeiro e Ventosa, e que cruzando Buxan e Trascastro (Trabancas), proseguía cara Monterroso.
Nembargante, en relación con outros lugares do Concello, a denominación de Agolada, Auga Levada Aqua Latam (Latin), se recolle no 1752 polo Marqués de la Ensenada no catastro que el mesmo elabora e onde se di:
La feligresia de San Pedro de Ferreiroa tiene una taverna que se llama Agolada que tiene arrendado los vezinos de ella a Bernardo de Ferreiroa, juntamente la casa donde se vende el vino, en ciento y noventa y siete reales y veinte y dos maravedis vellón cada año.......
De todo elo, e mais unha pormenorizada explicación da orixe e toponimia de cada un dos 163 lugares e vinte e catro parroquiais  e do que nos fala neste interesantísimo libro, achega fundamental a historia do noso Concello, que onte foi presentado nunha sala chea a rebosar de curiosos, familiares, amigos e estudosos do tema.







Comentarios

Entradas populares