O BURGO DAS NACIONS (COMPOSTELA ANO 1965)


Dende o final do conflito armado tralo golpe fascista do xeneral Franco contra a República o goberno fascista aposta abertamente polo Camiño de Santiago, como arma de concienciación do espírito nacional e adoutrinamento, ao tempo que se enxalzan os valores patrióticos e relixiosos; Santiago Mata moros, Isabel e Fernando, o xugo e as frechas, simboloxía toda ela cargada dun forme contexto político social que vai minando a confianza e esperanza das xentes nos principios da República; igualdade homes e mulleres, liberdade, mellora das condiciones de vida para obreiros e labregos, erradicalizaciòn do analfabetismo e culturalizaciòn do Pais etc. ao tempo que se substitúe en parte pola labor velada pero enérxica e sen piedade da Igrexa, polo medo ao pecado, os lumes do inferno e a condenación eterna, o adoutrinamento mulleres submisas amas de casa, repouso do guerreiro, homes aguerridos e valentes, xa coñecido, no que o papel dos sindicatos, e as gobernacións nas mans dos falanxistas Jose Antonianos, fai terrible a represión o silencio e o temor, no que a xente ten que elixir entre vivir ou cárcere, morrer ou exilio, os Principios xenerais do Movemento, a influenza da Igrexa, o coñecido triunvirato Deus, Patria e Franco. 


Así foi como no ano 1937 vaise recuperar a figura de Santiago como "O Patrón de España", e o dia 25 de Xullo como festa nacional, na que se recupera a figura da "Ofrenda", que fora suprimida polo goberno republicano no ano 1931.. Deste xeito o réxime aposta abertamente por facer do Camiño de Santiago unha vía para a nacionalización e construción do novo estado nacional sindicalista.


Co paso dos anos a ruta Xacobea íase converter nun instrumento e piar básico non so na construción do espírito nacional se non no desenrolo do turismo, e atractiva chamada internacional, como itinerario patrimonial e cultural, co valor engadido do seu compoñente de relixiosidade, esforzo e misticismo.


A firma do Concordato, ala polos anos cincuenta do pasado século así como os tratados asinados con estados Unidos polo que se instalan en España as bases militares de Rota e   entre outras, supuxo o fin do aislamento político internacional e a aceptación do réxime fascista de Franco como feito e mal menor ante o avance do Comunismo na URSS e o Este de Europa.

Habería que agardar ata o ano 1953, no que o Papa Pío XII, entrega o Capelo Cardinalicia a Quiroga Palacios, a sazón Arcebispo de Santiago, o que se fixa como meta o impulso total e definitivo para converter o Camiño de Santiago na mais grande ruta das Peregrinacións Europeas., convertendo o ano 1954 "Ano Santo Xacobeo", o principio no que como cuestión de estado, ía supoñer tanto a nivel relixioso como político o Xacobeo, o camiño.

















Deste xeito, plantarase a remodelación de Santiago de Compostelá, conferencias e estudos internacionais sobre a figura do Santo Patrón, e o Camiño, a promoción internacional e  a celebración de congresos, simposios, festivais, exposicións, todo o que fora necesario para conseguir poñer a cabeza da espiritualidade o mito do Santiago.


Anos mais tarde xa con Fraga Iribarne, o mesmo do baño en Palomares, co embaixador americano trala caída das famosas bombas nucleares dun avión estado unidense,  como Ministro de Información e Turismo, toma a decisión ante a inminente celebración do ano Xubilar en 1965,  da creación do chamado O Burgo de Las Nacións, no que en aquel entón se consideraban as aforas da cidade Compostelá.

Os pavillóns todos eles barracóns de unha soa planta baixa, tiñan unha capacidade para 2500 peregrinos, e foron levantados nas proximidades do barrio de Vista Alegre, moi preto da Catedral, empezando a prestar servicio xa no verán daquel mesmo ano, no que se atenderon a mais de cento cincuenta mil persoas chegadas de todas partes de Europa, en peregrinación.


As instalacións do Burgo estiveron en uso ata o remate do ano Santo Compostelán do 1982, no que definitivamente se asimilaron en parte como residencia Universitaria para a USC, ou como comedores universitarios, e parte daquelas instalacións foron reconvertidas no actual Auditorio de Galicia e facultades,
O fotografo Catalá Roca, nun dos seus viaxe polo noso Pais, deixou constancia daqueles pavillóns, e edificacións en varias das súas fotografías en branco e negro, que hoxe pódense contemplar no salón de exposicións do mencionado Auditorio de Galicia, para desfrute de curiosos e visitantes.
    



Comentarios

Entradas populares