O QUE FICOU.(IN MEMORIAM DE NUNO GUIMARAES).



Coñecín a Nuno,  (Nuno Guimaraes), virtualmente xa que non tiven a sorte de chegar coñecelo persoalmente no ano 2010, posiblemente a través dalgún comentario dos que me facía cando Eu deixaba a miña opinión sobre os seus versos no seu blog "Minha Gaveta", dende entón fixen arredor de trece entradas, incluíndo os seus poemas inacabados, entrada que fixen en Decembro do no 2014, despois de ter coñecido dun xeito sorprendente e causal da súa morte acaecida en Abril do ano 2013, a través dunha amiga común que residía ao igual que Nuno na cidade de Vilnius, alá en Lituania, onde o poeta residía e traballaba como profesor e lector de Portugués na Universidade de Kaunas, e que estaba de vacacións en Galicia.




A verdade é que as veces me pregunto o porque deste meu agarimo pola figura e sobre todo a poesía de este Portugués de Lituania ao que co que nin tan sequera cheguei a conversar, non sendo dun xeito escrito polos correos electrónicos e comentarios nun blog de poesía, e a través dos seus libros como;  CHEI(R)OS DE PALAVRAS.. ou POR EU ME LEMBRAR DA MORTE que me enviaba xenerosamente polo correo;  pero sen dubida a razón habería que buscala na forza, na profundidade das súas reflexións, na autenticidade da súa poesía, na sinxela métrica atípica dos seus versos que che levan da man ata o seguinte poema, e queres mais e mais.
Onte recibín finalmente; O QUE FICOU, (Poemas inéditos e outros), un novo libro no que a sombra de Nuno-alargada mais alá da morte proxectase sobre nos todos; (Por  Eu me lembrar da morte como titulou un dos seus derradeiros poemarios)- Esta achega a figura de Nuno Guimaraes, Inéditos e recopilatorio dos seus mellores poemas seleccionados por amigos do poeta e publicado polo Académico F.C. club onde o propio Nuno fora xogador e entrenador ala en Oporto, chégame da man de Susana Oliveira a quen teño que agradecer que non se esquecera de min, aínda a distancia e o tempo, e que tomou a molestia de darme aviso do que andaban a preparar, e meses despois de enviarme a meu exemplar, que ei gardar despois de ler como o que é.. ..ouro puro chegado dende o frío do mais alá na palabra viva do poeta.
Descanse pois en Paz o noso Nuno, na seguridade de que a súa obra non está esquecida e os seus amigos lexión que militan na admiración e estima da palabra do poeta, non perdoan a morte por arrebatarnos o mellor de Nuno, demasiado pronto.
Angel Utrera


 lágrimas, são pedacinhos de alma que escorrem
quando está escuro
são sentidos confundidos feridos pela saudade
são gotículas de orvalho condensadas
na superfície gelada das palavras que tu dizes
ou que não dizes
deixando que o inverno tome conta do meu peito
percorrem rugas de expressão triste
em enchentes transbordantes de lembranças
e inundam a face sedenta de um sorriso
lágrimas são de sal
sabem a sal, quando as provo nos teus lábios
são de mar, trazidas por vento forte na alma da maresia
são pérolas alinhadas em enfeites de catarse
e são por hoje a minha companhia 
   

Comentarios

Entradas populares