PACO PESTANA.-De compango: CARNE DE CASTRÓN. ( EL SUEÑO DE LA RAZÓN.)....



Están ardiendo los espejos que aún no he robado
y los lobos devoran sus cenizas agavillándolas entre sus fauces
y no dejan ni la escarcha desnuda de sus huesos
para que se los coman los buitres..... 




Dende o pasado Sábado día nove de Novembro e ata o vindeiro 26 de Nadal, nas instalacións do museo municipal Lalinense; Ramon María Aller, pódese admirar a obra deste artista, poeta e autodidacta das artes coma é  PACO PESTANA.

A obra deste traballador da escultura, a pintura ou mesmo o collage    basease ou mellor dito atopa a inspiración necesaria para o proceso de creación, cunha tánica moi persoal, depurada o longo do exercicio de facer e desfacer, unha e mil veces ata atopar o que quere dicir na obra en curso, nas súas vivenzas, experiencias e coñecementos da Galiza profunda e o seu universo rural, tan denotado coma esquecido e abandonado de todos e por todos.



A obra de Paco Pestana, non deixa indiferente, en absoluto ao visitante, curioso impertinente que mergulla no interior deste universo onírico, este mundo irreal surrealista, cargado de fantasías e fealdades, que agreden a conciencia para espertar sensacións, e sacar do interior do espectador o mellor del, dende ese xogo da intelectualidade que pretende cunha pose metade sensual, metade agreste, metade inquietante, metade capaz de violentar a pacifica mirada do observador.





Madeira delicadamente traballada, case que acariñada polo cicel e o martelo do escultor sensorial e profundo que sae do interior do artista con total naturalidade buscando eses animais fantásticos, dos que está preñada a mostra, seres mitolóxicos, escatolóxicos, ou mesmo aterradores. 

Formidables e inverosímiles collage denuncia, da fealdade, da violencia, da agresividade, do infra mundo  sensorial que nos acolle e sepulta neste subdesarrollo mental do estrés urbano inconsistente e inconsciente, nos que as veces é preciso atopar evocacións totémicas, rituais fálicos e demoníacos, porque a maldade tamén resulta consubstancial ao ser humano, e polo tanto o artista, este Paco Pestana,  de Castroverde por mais siñas, non quere nin pode fuxir, nin  tampouco pode inhibirse da fantástica mitoloxía cotián de seres invisibles, coma nos, pero que sofren, feden, choran e morren cada día, e que compón o seu máxico universo de furanchos no que pululan seres informes, pero vivos pola tinta chinesa e o pincel que empuña a man do artista da que brotan con esa furia inconvencible que transmiten os seus cadros e as súas composicións .

 A presente mostra que pòdese contemplar no mencionado museo de Lalin, leva por título; "De compango: carne de castrón", e resulta no seu conxunto unha retrospectiva na que o artista presenta, pintura, debuxo, escultura, collage e poesía.. .



Como recolle no seu blog "metáforas visuales",  Roman Montesinos, en Junio do 2013, do que copio textualmente;

 https://www.rescognita.com/WP/general/paco-pestana-artista-tridimensional/



Paco Pestana es escultor, poeta y otras veleidades artísticas además de «ingeniero hidráulico» ya que se pasa la vida de «fontiña» en «fontiña». Polifacético y multicultural es uno de los bastiones del mundo artístico lucense. 

El taller de Paco  Pestana es algo así como un arca de Noé dedicada a objetos y creaciones de lo más variopinto. Desde grifos que eyectan borbotones de cintas de papel, coches, animales imaginarios. También tiene dibujos no exentos de «collages». Un mundo inanimado (o animado en la mente) que seduce. El ojo, inquieto, no sabe donde posarse. 





Comentarios

Entradas populares