DIA DAS LETRAS GALEGAS. POR E PARA QUE?.

Como cada ano, un novo dia 17 de Maio nos ven recordar que estamos a conmemorar “O día das Letras Galegas”, mal asunto, pensei Eu sempre, cando é preciso celebrar, recordar ou conmemorar algo, ou ben significa que aquelo ó que se lle vai dar protagonismo durante 24 horas, está en perigo, ou ben corre serio risco de chegar a entrar nese campo de Fauna en perigo de extinción. Lamentablemente cada vez mais temos día de; a nai, do pai, do planeta, dos mares, dos ríos, dos nenos, da muller e un infindo e interminable etc. que fai a moito de nos pensar e sentir, a ridiculez, e a necesidade de tanta parafernalia inútil un día, e o resto do ano se che vin non me acordo.
Nunca fun amigo de fronteiras, limites, exclusións ou o de este si, este non, nin tan sequera creo nas barreiras naturais, e me teño como militante entre as boas xentes, persoas do común, que non exclúen a ninguén pola cor da pel, a raza, ou a lingua, nin tan sequera pola súa forma de pensar, de vivir ou de ansiar isto ou aquelo. Respecto, ou tento respectar tanto crenzas, como mitos, lendas, relixións ou ideas políticas, aínda que ben das veces teña para min, que tan so estou diante dun tolo, un memo, ou un engreido, quen sabe, o mellor o descrido pasmón sonche Eu, que todo pode ser, dende logo que si.
Me prezo de contar entre amigos, compañeiros de andainas e camiños de vida, e xente á que quero e estimo e admiro profundamente, grandes escritores, pintores, fotógrafos, artista en suma dotados e tocados uns mais que outros polos deuses con esa sensibilidade e capacidade de expresar o que senten, que realmente quero para min, e ben que lamento non ter, polo que os admiro e porque non dicir tamén, envexo dunha maneira san, se elo fora posible. En diversas ocasións tiven a inmensa sorte de poder traballar con eles, en outras coincidimos en proxectos ilusiónante e colaboracións desinteresadas pola nosa lingua, o Pais, e a cultura sen mais pretensións que pasalo ben e facer o que mais nos gusta, do que non todo o mundo pode presumir abertamente coma min. Xentes á que sempre ei agradecer o seu trato, consideración, amizade e comprensión para cos meus erros e dislates, os que quero dedicar esta entrada no seu dia grande, o día grande as LETRAS GALEGAS, nas que todos e cada un deles milita, vive e dan exemplo.
Vaia polo tanto a miña gratitude e recoñecemento mais humilde o seu inmenso facer cada día a prol do que somos como pobo cargado de historia, cultura, e unha particularísima forma de vivir e deixar vivir, e os meus cálidos e intensos parabéns no seu/noso día ; - Xose Vazquez Pintor. David Otero, Helena Villar Javeiro, Xesus Rabade Paredes, Antonio Garcia Teijeiro, Anton Rivero Coello, Suso Diaz, Antom Laia Lopez, Xose Luna Sanmartin, Carlos Negro, Charo Golmar, Paco Ledo, Xose de Cea, Luz Pichel, Miram Ferradas, Baldomero Iglesias Dobarrio(Mero),Manuel Patinha,Xose Iglesias (Buxan), Manoele de Felisa, Celso FErnandez Sanmartin,Miguel Alonso Diaz, Xulio Garcia Rivas, Camilo Caamaño Xestido,Carmen Lareo Morao, Heitor Picallo,Xoan C. Chillón Iglesias.

Comentarios

Entradas populares