DESASSOSSEGOS. (MANUEL PATINHA NO CENTRO TORRENTE BALLESTER DE FERROL).
DESASSOSSEGOS. (MANUEL PATINHA NO CENTRO TORRENTE BALLESTER DE FERROL).
O pasado Sábado día sete deste mes de Nadal, fun visitar no Centro Torrente Ballester da cidade departamental, unha nova mostra, poderíamos definila como recopilatoria da obra do artista, Manuel Patinha, e a miña primeira impresión ten que ser a definir o traballo co que nos agasalla ó longo deste anos de creación intensa e apaixonada de Patinha, como formidable.
O longo das obras expostas nas diferentes salas podemos admirar a creatividade, o dominio da técnica, o perfecto uso dos claro escuros, a cor, o debuxo, e dende logo nunha faceta mais reducida esta vez, a súa escultura, aínda que podemos admirar varias obras impresionantes saídas do paraíso onírico do escultor, pintor, fotografo e poeta no que resulta imposible encadrar a obra de Manual Patinha, xa que definitivamente se atreve con todas as variantes da arte, e francamente non desentoa en ningunha, aínda que teño para min que Patinha é fundamentalmente escultor e pintor, aínda que a pesar de todo sigue buscando e probando, o que fala da inquedanza como persoa do artista.
Os retratos intimistas supoñen un guiño cómplice entre o modelo e o artista, buscando esa complicidade que aproxima ó retratado a normalidade dunha pose nada artificial.
Mención aparte dentro desta faceta de fotografo, merece a selección de fotografías que nos presenta nunha pequena sala do seu amigo Pedro Antonio Pérez Bouza, desaparecido xa desgraciadamente hai uns anos e co que Patinha tivo unha especial e intensa relación de amizade, que se pode valorar a través destas fotos, algunhas delas realmente especiais ó presentarnos o fotografado espidos, recreación da natural estampa do que somos como materia, corpo tal cal, con moitos desgastes, defectos, enrrugas e impurezas.
A expresividade de Patinha, e o dominio da técnica se plasman na súa ultima etapa, a da madurez, onde podemos mergullar e descubrir sen esforzo as obras mais abstractas, nas que a expresividade do artista nos sorprende, pola súa forza expresiva e atracción.
Podemos admirar ó longo das diferentes salas, obras da primeira época do artista, que ben entroncan cos ensinos do seu mestre Cruzeiro Seixas, e que recordan a Lugris, e mesmo Dalí, etapa esta na que mergulla no surrealismo mais profundo, a través da paleta de cores do mundo onírico do pintor, na actualidade un artista consumado capaz de seguir creando mundos diferentes, ao tempo que explora novas técnicas, novas tendencias, novas inquedanzas coas que se anima e arrisca aínda asumindo o perigo que conleva as veces adentarse en mundos descoñecidos.
Sen dubida a mostra que o artista nos presenta nas diversas salas do centro Torrente Ballester de Ferrol, ata o vindeiro mes de Xaneiro vai sorprender e para algunhas que descoñecen ata agora o infindo mundo deste autodidacta vai resultar toda unha formidable e grata descuberta.
Angel Utrera.
Comentarios