ESTAMPAS URBANAS DE VIETNAM E CAMBODIA...... "RETRATOS".

ESTAMPAS URBANAS DE VIETNAM E CAMBODIA...... RETRATOS.
Unha das miñas preferencias e debilidades na fotografía, cando fago unha viaxe sonche as estampas Estampas Urbanas. momentos costumbristas, escenas cotiáns, nas que pretendo captar detalles do día a día das xentes coma min, invisibles descoñecidos, e sobre todo o retrato, os mercados os lugares mais populosos e cheos de actividade e trasego.
As veces as persoas non se deixan fotografar, e mostran o seu enfado ou molestia porque queiramos tomar unha fotografia, nestes casos respectamos o seu desexo e pedimoslle desculpas, outras, as mais das veces a xente prestase con gusto e mesmo comparten o pracer de fotografarse contigo, porque para eles nos tamén resultamos figuras curiosas, iconos de outra cultura descoñecida e rara.
Sexa coma sexa sempre resulta sumamente interesante compartir con eles, aínda que a barreira idiomática sexa practicamente infranqueable, a linguaxe da mirada, e a expresión corporal consigue o que non somos quen de acadar coas palabras.
Estas fotografias de hoxe, presento coma homenaxe as xentes descoñecidas que nunca mais imos ver de Vietnam e Cambodia. Xente normal amable, sonriente e moi atenta que vive a súa vida ao limite, e duramente en moitos casos, coa nosa gratitude, admiración e respecto.

Comentarios

Entradas populares