PAIS E FILLOS A HISTORIA DE SEMPRE.
PAIS E FILLOS A HISTORIA DE SEMPRE.
Ata fai ben pouco, o sacrosanto mandamento: “Honrarás a tu padre y a tu madre”, era palabra de Deus. Un dos dez mandamentos das Táboas da Lei, que entregou Deus a Moises. ¿Recordan a historia sagrada?.
Na educación non escrita, tiñamos normas de obrigado cumprimento e que ninguén cuestionaba: Ninguén se sentaba a mesa antes que o fixera o pai. Ninguén falaba sen permiso do pai, ninguén deixaba a mesa si antes non o facía o pai. Para algo fora a autoridade suprema, e a nai o nexo sentimental da familia, entre o pai e os fillos.
Cando o pai daba unha orden, ou so cunha mirada os fillos deixaban todo o ían xunto el ao traballo, as fillas calaban e a nai baixaba a mirada. Pai era igual a respecto, lei e orden.
A palabra Pai era terriblemente sólida, seria e inquebrantable.
Todo comezou a cambiar co Papá. O cambio do substantivo Padre ao Papá, significou un cambio de comportamentos, unha perda de autoridade e referencias e un paso do Vd. ao tuteo inaguantable.
O concepto de Pai, -roncoso, impoñente, serio e autoritario, foi trocado polo de un apelativo mais cariñoso; algo así como un osiño de felpa ou un can faldero, dos papás mais tolerantes, que deixaban os fillos levar amigos a casa, fumar na súa presenza, organizar festas e guateques; aló menos foi a escusa das mamás; aquí os temos mais controlados e sabemos con quen andan.
En definitiva o acercamento xeracional pais e fillos foi algo importante, pero tamén trouxo a ruptura das formas e modos da familia. Os fillos xa comían cando lles petaba diante da televisión, non cos pais, collían o telefono sen permiso, entraban e saian da casa ao seu capricho, e collíanlle os cartos os papás mesmo da carteira, sen recato como se tal cousa.
Pero aínda así o Papá seguía a ser a autoridade da casa, bastante maltráecha pero aínda con algo de dignidade, que acabou de estragar, cando pasou a ser “O Papi”, das rapazas que xa non se cortaban un pelo en fumar diante deles, en traer os noivos a casa, ou levar as pílulas e os preservativos no bolso, como se tal cousa, e mesmo deixala na mesiña do dormitorio sen reparo. Entrar e saír sen horarios, nin normas, nin prohibicións.
O papi, invento moderno dos “pais-colegas”, acabou xa coas referencias, a autoridade e o sentido da familia. Ao papi xa non fai falla consúltalle nada, nin pedirlle permiso para nada, so serve para aprovisionar, como un surtidor; de cartos, de gasolina, de necesidades ou caprichos, tanto ten, e o que se manexa cunha carantoña agarimosa e un biquiño de cando en vez. E por suposto non debe molestar, nin interferir nos desexos dos fillos, xa que entón, deixan de ser “colegas”, para acadar o estatus de represores, dos seus incomprendidos fillos.
Pasamos en apenas cen anos, dun cabo ao outro. Do medo cerval ao abuso de confianza.
Non sei o que vai a vir despois do papì, o mellor o “Pá”.
¿Pa que merda servimos os pais...?
E o peor de todo è que a min particularmente como pai, o que queixeira e que os meus fillos confiaran en nos, como apoio, na seguridade de que sempre imos estar ai o seu carón, para escoitalos, defendelos, animalos, e apoialos ata o fin, sen pedirlles nada a cambio, so porque son os nosos fillos, e os queremos.
Angel Utrera
_

Comentarios