EMMA PEDREIRA



Só pola túa man me ispo
se cadra hei de furalas
todas
como enleadas de atmosfera
entran no meu corpo
para alumear
ou para me facer unha odisea
de pel enteira
despida de min
non teño adentras
soamento
todo o do mar
metido.



II.

Carta VIII "A Provocacion"

Ás veces o teu corpo filtrano os cristais, infusiónase no
aire e no fume e solidifica como un paxaro vello que se tende na cama.
Para arrincarche a pel non preciso os dedos, basta soprar
como en superficies antigas
e recupero o teu corazòn entre as raices brancas que afunden
incluso sen tocalas.
Asi quero xantarche o corazón como mazá como pedramo
como tuberculo.. Como quen agarda
e repasa latitudes ao lonxe mentres mastiga. E se pode,
que siga batendo, como un animal sen pel e con espasmos.



(Emma Pedreira Lombardia, A Coruña 1978). Como narradora ha publicado a novela BEstiario de Silencios no 200l. Foi galardonada xa con varios premios literarios, e colaboradora das revistas de poesia, Dorna, a Xanela ó Alquimia. Emma enlaza cun discurso moi personal co resto das autoras e poetas noveles, e elabora un discurso erótico absolutamente particualr, lonxe do mundo cotian, afianzando as súas propias vivenzas, como suxeto en primeira persoa da súa sexualidade, mais libre e autentica. Unha das voces màis representativas da poesia actual.)

Comentarios

Entradas populares