MARICA CAMPO


A TIA MARIA


Estas cousas conta a tia Maria,

¿serán de verdade ou de fantasia?

Di: Non son poemas, son abracadabras

para que soñedes coas miñas palabras".

Ela ten a casa riba dun penedo,

déitase moi tarde e érguese moi cedo.

Dálle sempre aos xogos sabor de chocolate

e ponlle ás tristezas salsa de tomate.

Ten moitos amigos e é moi aprezada

polo ben que fai flan e marmelada.

Corre en bicicleta cal tren pola via

e os nenos do barrio téñena por guia.

Leva sempre os petos cheos de pelouros

e unha fada boa vólvellos tesouros.

Vai soa de noite e fálalle a lúa

e as pantasmas brancas tómana por súa.

Baila ao son do vento como unha piola,

por iso os veciños din que é medio tola.



(Marica Campo, Incio, Lugo 1948, poeta novelista e autora teatral, mestre en Guitiriz, gañou o premio Arume de poesia para nenos, no ano 2006, polo seu poemaria Abracadabras, del que extraigo este tesouro, "A tia Maria". êste premio foi o único ao que eu presenteime nunca, tamen cunha serie de poemas para nenos, pero lendo a MArica, comprendese perfectamente porque o xurado de Gres, elixiou a súa obra. Fantastica, chea de pantasias e lembranzas, de sonos e nenos grandes que fanos voar coas imaxes inventadas cos xogos das palabras..)

Comentarios

Entradas populares