O SONO


Espertèime atormentado pola suor que empapaba as sábenas.

A almofada, como case sempre ao meus pes. A roupa esparcida en total desorde polo chan da habitación.
A calor era insoportable, unicamente unha lixeIra brisa do ar quente axitaba suavemente os víselos, facendo máis exasperante meu insomnio, sumerxindome nunha falsa sensación de quietude que me afogaba e que acabaría embargándome como nas anteriores ocasións .
Novamente caera no pozo daquel maldito sono, pesadelo ou o que fora, que foise..

Unha e outra vez me asfixiaba, me sentía intensamente atormentado sen poder controlalo, aquelo se me estaba escapando das mans, e duraba xa demasiado.
Ultimamente os meus problemas con Raquel eran mais que palpables. E certo que a nosa relación deteriorabase rapidamente, y xa nin sequera o sexo conseguía ocultar os nosos cotiáns problemas de convivencia.
Sinxelamente, creo que nos cansaramos un do outro.
Raquel xa non me sorprendía, todo o que facía ou dicía era perfectamente predecible por min de antemán. Podía adiviñar ata os seus máis íntimos pensamentos. Tan metódica e ordenada era, ata no amor. Tiñamonos cariño, dende logo que si, pero xa non estabamos namourados.
Aquela muller durmía placidamente ò meu carón, e eu intuía que a sua presencia era algo monótono na miña absurda e insípida vida.
Raquel era un obxecto máis, atesourado nestes anos, do que resultaba moy difícil desprenderse, e aínda mais, por puro egoísmo eu sabia que tampouco podía prescindir dela.
Marga, a última das miñas amantes ocasionais, me reprochaba o meu cinismo, e o sentido práctico do meu materialismo integral, capaz de prolongar en si mesmo aquela mentira,indefinidamente.
Sentía tal angustia ali tombado, cos ollos abertos cravados nun punto indefinido do te-
cho de noso dormitorio, que de repente o vin todo claro.
Saltei da cama e baixo a auga fría da ducha, deixei que os derradeiros rescoldos daquel lume interior de hastìo, que me estaba consumindo, se foran arrastrados polo desaugue, da bañeira, xunto cos máis íntimos dos meus reproches.
Vestinme con unha camiseta calquera, desas que eu poño para suar facendo bicicleta polas pistas no campo,a primeira que atopei a tentas na ebscuridade . Os meus vaqueiros, sobre a mesiña de noite, nin sequera me puísen roupa interior nin calcetins, eu sempre durmo espido. E saín correndo a rúa, nunha fuxida desenfreada y loca.
Recordo que as manciñas do reloxo da sala marcaban as tres da madrugada, e na mentres saltaba os escalòns da escaleira precipitadamente, coa intima sensación de escapar, coa imperiosa necesidade de fuxir, coa urxencia de achegarme a rúa, aquela rúa de sempre, sentín de novo como un destello irracional as vividas imaxines do meu sono.
Sempre era igual, unha e outra vez me espertaba empapado de suor, a almofada aos meus pes, unha terrible presión no peito, unha calor insoportable, a mesma sensación de falsa quietude embargándome, a brisa ardente envolvendo os meus sentidos. A cor vermella rachando o meu espertar dun chimpo brutal e inesperado.
Raquel, núa o meu lado somerxida nun plácido soño, allea totalmente as miñas tolerías.
A súa respiración tranquila e doce, me exasperaba.
Ela disfrutaba do seu soño, e eu estaba a piques de volverme tolo.
Durante uns segundos quedei ollando fixamente para os seus peitos, aínda tan duros coma ao principio.Os pezòns, erguidos coma antes, cando as miñas mans, tan inexpertas aínda, os buscaban freneticamente, unha orxía inagotable de amor e sexo. ¿Como era posible non atopar agora nin gota daquela paixón, na monótona relación sexual que mais por compromiso que outra cousa, aínda mantiñamos, de cando en vez.
Saltei da cama na procura da ducha, en pos dun novo ave Fénix, que habería de renacer en min.
Recordo a auga fría resbalando pola miña espalda.A presa, a urxencia por escapar, fuxir de alí, baixar os escalòns precipitadamente, saltalos de dous en dous.....
Atopar por fin a saída, chegar ao fin da angustia.
Nunca cambiaba nada. Sempre è igual, se repite unha e outra vez, sobre si mesmo, sempre, sempre, sempre..... igual...........sempre fuxir de mi mesmo, da vida escura como un burato na que me atopo escondido......Un berro desgarrador, rompeu en mil pedazos o silencio tranquilo da noite, ao alba, e dime conta que era eu quen berraba, pero non era da miña gorxa da que saíu aquel dime.......
O agudo timbre do espertador rompeu o profundo bacío do meu soño, violentamente.
O final do soño, rachou a pesádela, tal e coma sempre, ocorría.
De novo tiña que escomenzar a enfrontarme coa realidade da miña vida, e tiña que asumir que nada ía cambiar, unha vez mais, repetíase o soño, e xa non había maneira de fuxir del.
Era necesario levantarse. As dez da maña me agardaba unha importante reunión de traballo que seguramente cambiaría o rumbo da miña existencia para sempre.
Iso era, polo menos a derradeira esperanza daquel novo día .

------------------00000---------------------


O SONO.

Todo había empezado unha calorosa noite de Agosto.

Comentarios

Entradas populares