PENSAMENTOS SOBRE A MORTE


AO PE DE FARELO
.....................................…………..SOBRE A MORTE

Fai uns días, estaba eu a recordar un deses vellos contos que lin de neno, sobre a morte que fíxome desbarrar sen limites sobre o que fun e son hoxe.
Mais ou menos era así:
Nunha lonxana vila de oriente, un rico e poderoso mercader recibe de supeto a visita dunha fermosa dama, que oculta a súa esvelta figura baixo unha capa de terciopelo negro. A señora demanda do comerciante a dirección dun persoeiro notable da vila; el mesmo. Este receando algún mal para el e a súa familia, daquela embozada, pregúntalle quén se interesa pola residencia do afamado.
-¡A morte¡, respóndelle impertérrita a señora. Teño unha debeda inaprazable con el antes da posta do sol, e veño a cobrala.
O mercader dálle unhas indicacións falsas, a morte, tentando enganala e fuxir dela, e case sen tempo de avisar os criados, monta no corcel mais veloz que ten na corte e emprende unha desesperada fuxida, na procura de salvar a súa vida.
Durante horas percorre os camiños polvorentos, sen descanso aproximándose a Damasco, cada vez mais seguro de ter escapado. Xa pode adiviñar as almenas espigardes, e minaretes dos palacios da cidade, as pedras das murallas que a circundan, cando detense ante as grandes portas de ferro que a protexen e que impídenlle o paso.
-Abride as portas e déixame pasar, son Abud Said, o mercader, e veño fuxindo da morte, porque o tempo aínda non é cumprido para min.
Case co eco das ultimas verbas, o seu cabalo encabritase asustado polo ruído das poleas e engrenaxes das portas ao abrirse, e o mercader, desprevenido cae o chan golpeándose a noca, e morrendo alí mesmo, xustamente cando os últimos raios de sol se perden pola liña do horizonte, tralas areas ardentes do inmenso deserto .
Ninguén pode fuxir do seu destino.
Mentres gozamos de boa saúde, e pensamos ca despreocupación propia da xuventude, que temos toda a vida por diante, gustamos de facer agudas reflexións sobre a morte. A morte mirase de reollo, como algo que non va con nos, e cousa doutros.
A morte en se mesma e natural, e amiga da vida, porque para que esta continúe e imprescindible morrer.
Nas culturas orientais a reencarnación e o renacemento trala morte do corpo, xa que o karma non se destrúe xamais. Para outros a idea da morte, e como unha salsa que enriquece a vida, estas persoas precisan desafiala e encararse con ela constantemente, para sentirse vivas.
Os poetas e escritores do romanticismo, coqueteaban cos conceptos filosóficos e materiais da morte:
“Ven a mi morte fermosa e ondulante
chega serenamente, sempre chegando de día ou de noite
tarde ou cedo, delicada morte. (Walt Whittman).
Pero sen dubida os versos por excelencia son os de Rosalía, no poema “Negra Sombra”
“Cando penso que te foxes
negra sombra, que me asombras
ao pe dos meus cabezais
chegas facéndome mofa”....

Comentarios

Entradas populares