A DAVID OTERO



------
----------
-------------
----------------------
----------------------------
Hoxe a noite, na sua vila de acollida e lustre.
David Otero, vai ter o cariño e as palabras agarimosas dos amigos, nas penas e alegrias desta vida.


Baixo a convocatoria de ediciòns Fervenza, esta cea das letras, do 17 de Maio, agradece a David Otero, este anos de boa literatura, de entrega pola terra, e as xentes deste pais.


Penso que gustariame ter ido e estreitar a man deste home bo, e mais darle as grazas polos ratos que me fixo pasar lendo os seus poemas e escritos, pero non sei.


A verdade é que eu estou de mais nestes actos, é o final sintome desprazado como un gato nunha cacharreia chea de espellos, sempre ca sensacion de estàr de prestado, e non ser deste mundo. Tal vez un advenidizo. Xa me pasou cando en Guitiriz, na homenaxe a MArica CAmpos, a quen admiro e quero ben...


As cousas son como son, e temos que admitilo, eu cheguei tarde a este entorno literario e non pertenezo a él, por moito que o admire e sintao proximo.


Pero iso non ten que ver, co feito de que admire a DAvid Otero, coma a tantos outros pola defensa das cousas nas que creen e loitan por elas.


E quero hoxe lembrar cando o coñeci, na carballeira de Ponte CArmoega, no xantar despois dos actos en lembranza do Alcalde Primo, que organizaba outro bo amigo, como é Xose VAzquez Pintor, a quen tanto teño que agradecer, polo seu cariño por mi e a miña familia.


Recordo, o instante preciso no que regaloume o seu libro "Ramòn de Liripio", despois de atoparme cos ollos por riba da mesa, e botalle unha adicatoria afectuosa, ese Xuno do 2006.

Os versos son do libro "PAra iso está o futuro"
Que queremos que Deus suba a este inferno.
Que o futuro sexa comunal. Colectivo.Non selectivo.Popular.
Que estamos fartos de que nos vendan as sementes.
Que non queremos andar á roda ó redor duns poucos. Que non
teñen a patente de cómo vivirmos. Nin eles son quen para acordar
en como termos que andar.
Que chogou a hora dos globalizados.
Estou seguro que David, non terá recordo de min, xa o sei, pero para mi o seu é imborrable, e desexolle unha noite de maxica compaña, no desfrote da palabra amiga, do cariño e admiraciòn de todos nos, presentes e dende a distancia.


Comentarios

Fada Branca ha dicho que…
Nominada na Resaca das Letras 08 e eu sen sabelo ata o ultimo momento, son cousas que pasan.
Mira no meu blogue que che conto
Cuspedepita ha dicho que…
Síntome moi identificada co que escribes. Eu tamén sinto que cheguei algo tarde a este mundo que admiro, pero tamén penso que sempre se está a tempo de aprender e medrar en calquera eido que nos propoñamos.
Se non entras sempre estarás fóra, ¿non é ? Os comezos sempre son difíciles en todo.
Angel Utrera ha dicho que…
Pois si, tes razon cuspedepita, pero as veces a frustracion e maior do que un recupera tralo esforzo de desnudar a tua anima.
Escribir é un acto de strestease incuestionable, do que as veces un queda vacio, sobre todo se non ai retorno polo que nos lee.
Ainda asi, seguimos ¿Porque?
VAnidad, necesidad psiquica de expresar algo, soedade....quen o sabe.
Cuspedepita ha dicho que…
Si, coñezo esa sensación e teño pensado moitas veces o motivo polo que, cando publico un poema no blog, hai menos comentarios que cando publico outra cousa. Creo que un/unha ten un certo pudor tamén cando le as cousas que escribe outro e ás veces ten medo a equivocarse na interpretación, que imaxino que non sempre é doada. Tamén quizás non a todos lles guste a poesía, non sei...
A min cústame un triunfo deixar que outros lean o que escribo, da mesma maneira que me custa moito expresar oralmente o que penso ou o que sinto, así que publicar (calquera cousa, pero máis os poemas) é un exercicio moi difícil para min, pero necesario, porque me axuda a superar a miña moi ben disimulada introversión.

Entradas populares