SON GALEGO


O Poema :
"SON GALEGO"
CONXURO.....................................
Crecín e aprendín a descodificar o mundo en clave galega.
Coexistiron na miña mente dúas paisaxes:
a cidade na que moraba e maila aldea, feita carne na presencia inefable do meu avó.
Bos Aires na chaira, San Xián no val.
Foi natural para min escoitar dos beizos do meu avó expresións propias do lugar da súa nenez: " ferve o pote", "mata o candil"...
Non necesitei ver a figueira na que aganchaban os rapaces de alá, nin ver os porcos e demais animais. Tampouco as hortas, lugar das patacas e o millo.
Cada palabra galega foi un concepto, a garantía da existencia doutro universo alén do mar.
Agora é a miña ocasión: son un elo máis na cadea.
Rexistra-la historia dos meus é unha doce obriga.Face-lo na nosa língua, un verdadeiro honor.
Ben sei que a memoria é o conxuro da morte.
" Son galego" Antonio J. F. Rey
Publicado por Cuspedepita
Para o meu amigo Xose Vazquez Pintor, especialmente. Para miña muller agarimosamente, foi ela a que amosoume a quere esta fermosa e unica terra, este pais, esta xente, esta lingua...
E para os meus fillos Galegos, coma min, na terra do seu.
Este poema de Antonio J.F.Rey, que atopei viaxando pola rede, no blog de Cuspedepita, botade unha ollada, vale a pena.
(A foto e do noso amigo de Agolada, TOM VAN VILET., xa falei del nalgunha outra ocasion, Un excelente fotografo, e unha maravillosa persona, namourada de Galicia, e de Agolada.)

Comentarios

A Conxurada ha dicho que…
Non coñecía este texto, e gustei ben del, graciñas por pasareste pola miña Conxura dos Desexos, eu tamén virei máis por aki.
Angel Utrera ha dicho que…
Non tes nada que agradecer, eu desfruto cando atopo un blog, capaz de motivarme para voltar, e o teu ten iman......
Seguiremos en contacto.
Por certo que o poema, atopeino no blog de cuspedepita, como ves a rede esta chea de sorpresas.Magoa que fai falta moito tempo.....e as mais das veces non o temos, senon roubandolo os demais, familia, amigos, traballo, soño..
En fin, asi son as cousas, non lle ai que facer.

Entradas populares