PILAR BLANCO


ZARZALÚA.................


Non me deas o
que eu non che pido:
auga
para o desexo
ou sede para a mente que barrunta.
Vivo na bátega onde medran
a paixón e a súa lava.
II.
Non me deixes ,inverno.
Arde
e ardendo
crea o calor.
III.
Ser
a bágoa
da estalactita
zumegando silencio.
(Outra xoia feita a man, cunha tirada limitada- cen exemplares, e cun debuxo -xerigrafia de Antonio Piñeiro, ano 2007. Coleccion Bourel. Bico de MAr, que atopei en Santiago, nas miñas andainas polas librerias de sempre....)

Comentarios

Cuspedepita ha dicho que…
Creo que atopache un tesouro ¿Non é? Primeiro pola poesía e despois pola edición. Parabéns :-)
Angel Utrera ha dicho que…
Digoche un segredo.....
Dende sempre, dende pequeno, dende que teño nocion dos meus recordos, calquera libro era e segue a ser par ami un tesouro....
Non son capaz de ver que alguen rompe, o quema o destrue un libro sexa cal sexa.....
Angel Utrera ha dicho que…
Este comentario ha sido eliminado por el autor.

Entradas populares