Me interesa o futuro porque vai ser o lugar onde ei pasar o resto da miña vida.....


Amanecí espido outra vez, pegado a súa espalda.
O meu sexo flácido, a boca espesa, os ollos inchados polo insomnio.
E recordando como tantas veces, a frase do ínclito Woody Alen:
Me interesa o futuro porque é o lugar onde ei de pasar o resto da miña vida.
Vida, o resto., miña..?
Palabras, que como bolboretas rebulían no meu maxín inconformista.
Levanteime sen facer ruído, por non espertarlla, nada me molesta mais que me bote unha das súas olladas, agarimosas, pérfidas, penetrantes, entre a indiferenza e o calibre milimétrico do que ten, para ela so, sen reproches.
A amante perfecta,comprensiva e fiel.
As veces non sei se incluso cando estou espido fronte a ela e me bota unha destas olladas tenebrosas, no que está a calibrar a medida escuálida do meu sexo, aínda estando en erección produto do desexo, que despois de todo me inspira.
Malaia, sigo a pensar mentres mexo, con dificultade, por mor da maldita próstata, e os anos; O cabroncete do Woody.....pero a min o que cada dia me interesa mais e o pasado, todos os amigos que morreron, a xente que nunca mais vou a ter o meu lado, as cousas que perdín, os recordos que me asoballan, os erros que cometín, o que puiden e non fixe...Aquel que quixen chegar a ser....
Co auga fría da ducha, as miñas reflexións fóronse polo desaugue, e volvín a ser a nada cotián, do home vulgar co que coexisto. Mentres me masturbaba con violencia, maxinando como se revolcaba, xemía e disfroitaba entregándose a outros sen reparos, e alcanzaba orgasmos como nunca os tivera comigo, eyaculaba sen emoción como unha rutina mais deste presente, estúpido, polo que se interesa o Woody.
O asco, a frustración, a melancolía fóronse co aroma da crema do afeitado
, como cada novo dia.

Comentarios

A Conxurada ha dicho que…
Acabo de colgar o texto coas túas suxestións, sinto a tardanza, pero ando bastante liada. Agardo que che guste.

Entradas populares