O OLLO IMPERTINENTE




O home aquel foi un enorme e deforme ollo impertinente.
Nacera cun ollo so sen pàlpebra ,na mitade da faciana.
Non falaba, porque non tiña boca.
Non escoitaba ren, porque carecia de orrellas.
Tan so un ollo aberto de par e par disposto a ollalo todo.
Ollaba sempre todo cunha profunda e descarnada precision que non deixaba adivinar sentimentos, nin emocions, nin sensacions.
Fora so un ollo.
O home aquel dende neno ollaba mais ala
nada era posible quedar agachado a sùa penetrante vision .
O ollo impertinente, lei e orden, ben e mal, divino e human, de alà é de mais alà.
O home aquel non viviu, non reiu, non chorou xamais, so ollaba todo o que o estaba a rodear cada dia cunha mirada confusa e penetrante que deixaba desnudo a verdade e ocultaba a mentira, porque
¿Quen ia pretender ocultarse do ollo que todo o ve?.
O home aquel, non fora home....SO fora o ollo que todo o sabe, que todo o controla, que todo o mide, fiscaliza e analiza, sen xustiza.
O ollo da orden establecida polo estatus do poder supremo, o Deus e o Demo.
O ollo do ben e do mal.
O ollo de Adan e Eva.
O Ollo de CAin e Abel
O Olla da guerra.
Os cinco xinetes do Apocalipse, xuntos na profundidade do ollo maxico da morte suprema.
Aquel home-ollo, xa non pode ver nada, quedou cego polo sorriso dun neno que xogaba a galiña cega.

Comentarios

Entradas populares