CRONICA DUN DESENCANTO E DESILUSION....


• Santiago de Compostela, 7,30 da maña do venres 4 de Febreiro.....Unha friaxe que pela, algo de néboa e as rúas mais tristes e valeiras co meu estómago.
Gardo o coche no Parking, para terno a mano as dez e subir ao Aeroporto con tempo, non tiñamos que facturar equipaxe e o bo, saia as 11,30 cara a Valencia..... Praza Roxa as 10,15 unha néboa do carallo......Aínda así non maquinei nada, collín o coche e tira para la Vacolla.......aparca o coche, no parking de longa estadía....e xa dentro do aeroporto, chamo a Nilo, que tamén estaba chegando.
Pasamos o control de seguridade de pasaxeiros, despois de tomar un café. Sen novidade.. Son as once da maña aproximadamente, e bromeamos sobre a paella que iamos a tomar, e o paseo pola praia da Malvarosa,,,,,,centro de Valencia,,,etc, para facer tempo ata as 19,30 que tiñamos que estar no concello para o Certame.
11,37...anuncian pola megafonía do aeroporto que o noso bo fora CANCELADO.
Ala vaia a Merda o noso viaxe.... ...
• A partiren de ai, non vos conto mais, esperas, reclamacións, moita desilusión....e buscar alguén que nos represente......O que finalmente acadamos nun amigo de Nilo, residente en Valencia, que quedou nomeado para representarnos....e a esperar.......
• Finalmente, mentres facía esta breve crónica do meu desencanto avisáronme que definitivamente non fomos os afortunados no sorteo.-
A participación foi a mais numerosa da historia deste 125 anos que levan celebrando este certame internacional, e entre as agraciadas no sorteo , ni mais ni menos que unha banda de Noruega...
• Aló menos no sorteo de consolación para o ano que ven, nos saímos en primeiro lugar.
Outra vez serà-Esta claro que este non foi o noso día......Síntoo.

Comentarios

Entradas populares