A NECESIDADES DE APERTAR OS MORTOS

 

A necesidade de apertar os mortos
foi ao principio o fin do silencio dos vivos.



O sabor doce cereixa,
a cor gris da liña borroso no horizonte
a brétema tan cércana
o espertar suado nos brazos do silencio
corpos culpables e gulosos
no amor ausente,
coma xanela pechada en falso.
A necesidade de sentir a realidade irreal dos mortos
mais alá das palabras,
o vento nordés
o mar salgado atlántico
as putrefactas falseades do tempo morno
que se foi.


A necesidade de abrazar os mortos
quedou escrito no rancio rencor dos vivos
nas ausencias
na proa dun barco fantasma
no abismo dos ollo
no suspiro do negro betume da noite
sen lúa nin esperanza.
A necesidade de abrazarme cos mortos
foi un aceno ao pasado
as cinzas do solsticio do inverno
no loito tatuado na pel fría dos peixes
colgados no salazon do peirao ao sol
seco de raios e ansias de verán eterno.
A necesidade de fundirnos cos mortos
como nunha ringleira de caladiños
Santa Compaña preguiceira de bestas
mulleres de corpos espidos e translucidos
sen peitos nos que mamar o leite quente
do futuro incerto,
sen sexo, porque tan so quedan os osos
dos mortos agardando nun tecer e destecer
estraño e fantasmagórico,
na necesidade de vivir como mortos
e abrazarnos.

Comentarios

fus ha dicho que…
Impresionante poema. Enhorabuena.

un saludo

fus
Angel Utrera ha dicho que…
Gracias, por venir y dejarte caer por aqui....
estrella ha dicho que…
Hola Ángel!!

Es un poemazo,de verdad!!
La necesidad de abrazarnos a ellos,de traspasar esa línea,su realidad para poder vivir la nuestra.
Un abrazo!!
Stella ha dicho que…
Fermoso poema. Parabéns.
Stella ha dicho que…
Este comentario ha sido eliminado por el autor.

Entradas populares