jueves, 25 de abril de 2013

NO DERRADEIRO INTRE..... .A LUZ




No principio
foi a luz
o comezo de tódolos cousas.
No instante inicial,
ao abrir os ollos a primeira vez, 
o brillo deslumbrante do descoñecido
márcanos o camiño.
Ao final
no derradeiro sistole-diastole
do corazón canso
o silencio mais absoluto
a escuridade total e definitiva.
No medio : A vida en cada instante
Paso a paso,
Golpe a golpe
Man a man
Ilusións, soños e fantasías
esperanzas frustradas e anhelos mortos.
A mentira perfecta
Interminable despedida
de panos brancos
bagoas negras
e corpos quentes
suorentos e cheos dun sangue
agora fría que aperta
a terra da que saíron,
recordos devoltos a lama e cinza.
Incompleta sinfonía
dos durmintes eternos..
Publicar un comentario