CORES......



Fermosa sinfonía de cores
este mundo onde vivimos.
Tódalas cousas teñen cor e forma
Son o que vemos e tocamos
Olla o son do vento
Olla o amor
Olla o silencio
Olla os pasos mornos
do desalento.





Todo ten cor
Ou quizais son sombras
en branco e negro.
A cor dos pensamentos
as veces son coma ás de bolboretas
voan e fuxen e fuxen de min
e tan so me deixan unha grande soidade na alma
un burato onde agochar os recordos
un enorme baleiro negro
coma a sombra os pés da cama
agardando por nos
cando rematan as fantasías da vida.




As ilusións son verdes
As espiñas do fracaso vermellas
A esperanza azul
Pero o sorriso cando te abrazo
non ten cor
porque é coma o arco da vella
nunha paleta de pintor tolo.  

Comentarios

estrella ha dicho que…
Hola Ángel!!!
Qué hermosas flores!!
Cuánta belleza nos enseñan, tienen su corazón abierto para poder admirarlas.
Un abrazo!!!!
Gelu ha dicho que…
Buenas noches, Ángel Utrera:

Bonito poema de colores. Dejo, para acompañar las flores de tu paleta de pintor-fotógrafo, un
‘Arco da vella’ - doble.

Abrazos

Entradas populares