NEGRA SOMBRA.......
Ninguén tería que morrer os vinte anos.
Eu, aquí e agora, anos despois
coa amargura e o sabor agre das moitas
tristuras
do fracaso e a frustración propia e allea,
e o pouco pelo cheo de canas brancas
engado sen acritude;
Ninguén tería que morrer xamais.
Sinto que a morte e obscena.
Fai unha demostración absoluta de falta de
pudor.
Usa e abusa do seu poder coa prepotencia
do que sábese gañador
e non ten presa nunca
porque dispón de todo o tempo do mundo.
ata cumprir
os seus obxectivos.
Agora estás e un chisco despois desapareces.
Quizabes si soubeses a priori e antes de ter
tomado
unha ou outra decisión, as consecuencias dos
teus actos
todo podería chegar a ser doutro xeito.
Colles un camiño e xa está,
non tes posibilidade de regresar
non hai dereito de retracto.
A morte fai un derroche deshonesto de fin
en se mesmo
E ti; mortal de carne e oso
non tes defensa, nin podes argumentar
so che queda esconderte e xogar as agachadas
a ver se tes sorte e pasa de largo
e deixa o teu viaxe para outra.
A morte resulta inxusta
innecesariamente desapiadada e dolorosa.
So temos unha posibilidade de vencela
A memoria.
Recordar sempre e vivir
derrotando a súa negra sombra cruel
porque en tanto alguén che recorde
segues a vivir nel.
Comentarios
Te comento según entiendo, creo que antes que morir, (que todos pasaremos por eso), es vivir al máximo cada instante, siempre libres y decididos, sin dañar a nadie y con el optimismo por delante.
Un beso Ángel Luis, te cuidas