jueves, 13 de junio de 2013

AUGA AMARGA.


 Auga:
Irrealidade esperada ,
un soño,
a esperanza entre as mans licuada
Auga,
que escapa
que non atrapas
que choras en saudades
e que nos ata.

Auga
que non calma a sede
que non sacia o amargo sabor
do que berra
en bagoas, que matan .
Auga
borrosa imaxe
que cambia coa alborada.




Auga
nas entrañas
corpo e alma
espido ser
ceo e terra
barro e cañas.
Auga
bicos de sangue
abrazos de xeo
miradas de ceno e lama
Auga…… 
Publicar un comentario