REGRESO A LA ORILLA.......



Agora que temos tempo imos contar mentiras, tralara...polo mar corren as lebres polo monte as sardiñas tralara.....
¿Recordan a canción da nosa nenez?.
Isto ven a conto de que o outro dia fun ata a Estrada, fantástica Vila, chea de vida e actividade cultural e que por certo andaban de Festas.
Ia a co animo de ver e desfrutar dunha desas sesións de fotos, das que fan os outros e a que as veces vas por cumprir, por amizade, curiosidade ou simplemente porque non tes nada mellor que facer.
Neste caso acudín por ver o traballo dunha desas intrépidas reporteiras, fotografas da nova fornada que ven empurrando forte os que coma min xa temos algún ano de mais.
Aroa, -como no conto do cazador que vai polo monte e o ir tirarlle un tiro a un coello que se pon a tiro, tropeza e cae no río e o saír leva o cesto cheo de troitas e mais colle o coello que co susto do disparo morreu dun ataque ao corazón- pois dígovos que nas fotos desta rapariga quedan reflectidos os medos, trunfos e fracasos do cazador ausente, e dos pescadores, que quedaron atrapados no intre máxico do clic da cámara da nosa fotografa, xa para sempre.
Na posta en escea  de  “REGRESO A LA ORILLA” que así se titula a exposición destas mais ou menos vinte fotografías fundamentalmente en cor, Aroa -Alma mater de Catro Gatos, se atreve cos soños e fantasías dos pescadores do noso mundo dos soños, atrapando no intre preciso da mirada curiosa e impertinente da fotografa o  imperturbable dun instante, cheo de guiños a vida, os recordos, ao perdas dun tempo se escaso non xa pasado, ao menos si diferente, atrapado na pupila desta nena grande que soña coa irrealidade do que non somos, pero que está hai como pobo, coma xente invisible coma todos e cada un de nos e facendo aquilo que mais lles gusta.
Aroa nos presenta na sala de exposición de Caixanova, na Estrada unha nova forma de ver algo tan sinxelo como a pesca, o río, a xente normal da bisbarra no intre de botar a caña o cebo e esperar a picada do peixe.
Botase de menos mais, mais fotos, mais desparpajo nas tomas- as veces roubadas, as veces posadas, as veces nun artificio imposible, as veces totalmente libres e espontáneas, porque ainas de todo tipo.
Botase en falta  mais branco e negro, (aínda que admito, pode ser un defecto meu, xa que son un namorado da ausencia de cor), a maioría das fotos son en cor, cunha perfecta execución, luz e posta no marco axeitado, pero que Eu particularmente preferiría en moitas delas as sombras e luces, do claroscuro, o que nos da o branco e negro.
Aroa sabe o que quere, e xoga coa cámara, ata deixarnos a impresión de que non está alí e que estamos a botar unha ollada a través dunha ventá ao pasado, no presente, cheos de esperanza no futuro, e esquecéndonos deste gris presente.
Parabéns e dende logo aconséllovos facer unha visita detidamente para saborear todas e cada unha destas imaxes coas que nos agasalla Aroa, da que sen dubida imos seguir escoitando falar nesto mundo da farándula fotográfica.
Por certo a escenografia e complementaria da temàtica e o que se quere deixar constatado na mostra; A PESCA, A XENTE DOS RIOS, OS PESCADORES E OS SEUS SOÑOS. ...







Comentarios

Entradas populares