viernes, 5 de septiembre de 2014

TANTO MEDO.....

No devagar dos pasos perdidos o silencio
recordos daqueles que ausentes agora
coma sombras no vertice da nada
o deron todo .
A linguaxe das tamuxas vai no vento nordes
agardando por nos,
no cheiro do peito da nai
no soriso nas fontes secas
nos bicos nas agachadas corredoiras
nas follas murchas testemuñas silenciosas
das apertas dos espidos corpos dos amantes
que se buscan no desexo ambivalente
nas palabras que como as de bolboretas rachadas
doen e  sangan.
en a morte negra sombra,
que nos enreda e atrapa coas suas coiteladas de xeo frio
e de remate tanto medo.

 


Publicar un comentario