martes, 4 de noviembre de 2014

MAGOSTO EN POESIA NOS PENDELLOS D AGOLADA........

O vindeiro Sabado dia oito de Novbre. as Seis da tarde, co permiso da autoridade e se  o tempo nolo ....impide, no recinto feiral Dos Pendellos, na vila de Agolada, en Pontevedra, imos ter un encontro "Magosto", para dar saida a palabra en forma de verso.......
Castañas asadas, noces, mel e de cando en vez un grolo de viño para pasar os malos tragos destes tempos grises que nos tocaron vivir...
Poetas, escritores, musicos todo elos amigos e coñecidos, amantes da poesia prestos a escoitar e recitar e pasar un bo rato na compaña doce das horas mornas de devagar en fantasias e soños polo mundo das palabras.
O encontro é continuacion do que tivemos xa en Melide, A Coruña fai unhas semanas; Roteiro cultural de poesia, e que foi organizado daquela por Soqui Cea e Antom Laia. Desta volta organizamos en Agolada, Angel Utrera e colabora pola banda de Melide Antom Laia, coa idea de facer continuacion os encontros noutros lugares do Pais, se a xente vaise animando......
Por soposto a entrada e absolutamente libre, e de balde, e salvo imprevistos xa contamos coa participacion confirmada de;

Marica Campos
Cristina Gende
Carlos Negro
Xose Vazquez pintor
Antom Laia
Teresa Ramiro
David Otero
Alfredo Ferreiro
Marta Pedroso.
Angel Utrera
Manuel Teira Luaces........



Publicar un comentario