sábado, 15 de noviembre de 2014

NO BALOUCAR DO VENTO. (ANTOM LAIA)-POEMAS.

NO BALOUCAR DO VENTO
(ANTOM LAIA)

Veño de reler o poemário;-os poemas de Antom, son para ler e reler, non unha se non varias veces, sen presa e paladeando, saboreando as palabras, o ritmo e os xogos de vocais e consonantes,-  deste grato encontro na rede ,materializado coma corpo e espírito por mor da palabra e os versos a carón das rúas de Melide, agasallo que por inmerecido aínda aprecio en mais; No Baloucar do Vento,- por certo ilustrado dun xeito fermosísimo, suave a coma unha garatuxa ós versos, que galopan libremente sóbrelos trazos doces en soños e fantasías dos debuxos de Xosé Tomás.  
No Baloucar do vento é un berro, unha ventá aberta ao amor, un encontro dos recordos mais íntimos e as fantasías e realidades confundidas nun infinito intercambio de fluídos corporais, nados do amor, do desexo e a intimidade dos corpos amantes;


Chegaches
quando a negrura me abatía no abismo
de águas tenebrosas e enlamadas que
salpicavam de geo a minha ialma.......

Un rebulir de brazos, pernas e palabras, de saliva, corpos espidos e bocas ansiosas de dar e recibir amor. Un tributo ao desencanto que provoca o desexo frustrado do ser dous en un, sempre e para sempre.

  
Mulher ceive de livre patria
fito dentro e alvisco-te inteira
e permaneces plena na memória.......


No Baloucar do Vento, é unha chiscadela, un chospiro de veleno que inflama e sublima o desexo, que fainos mergullar no escuro espazo do que non temos, do que anhelamos, do que nos complementa, do que nos fai auténticos con todos os nosos segredos, tristuras, ledicias e fracasos, o amor compañeiro de fatigas e descansos, sen limites nin vergoñas, sen mentiras ni cartos de atrás.
No Baloucar do Vento, de Antom Laia é como un todo de anacos de esperanza, o triunfo dos amantes entregados sen avaricias nin renuncias.


Gota  gota baixei ao teu
corpo enorme aprofundando-me
Solerminhamente descendí ás águas
mais soterradas e ocultas de ti mesma.
Afundím o seme na tua mar salgada,
limbei nno teu mel até sac iar-me.
Vibrei em orgasmos trepidantes,
cinguim o corpo contra o teu corpo
e o meu sexo



contra o teu sexo.
Amanhá seguia amando-te
enquanto o sol nascía livremente.......(POEMA AMANTES).

No Baloucar do Vento, un total de trinta e cinco poemas, de amor, de auga e vento, de saudade e perda, de recordos e soños, de desexos. Un doce e pracenteiro poemario no que o autor se recrea e xoga as agachadas co que elle profundamente certo, sen ningunha dubida; a tenrura, o amor,a ausencia ; nun silencio de cómplices olladas coa compañeira da vida e a morte estraña nalgures, noutro tempo.


Escrevo na tarde que se estinha
quando maina chove nos olhos
o coracom em latejante cascata
na veiga dos desejos que persego......(TERNURA EM AZUL).


No Baloucar do Vento (De Antom Laia, desenhos de Xosé Tomás. )
 


Publicar un comentario