ESPIRTE.........








 Denudarte, espirte docemente
verte espida é soñarte,
desvelar o misterio desta entrega consentida
iinfatigable
recorrendo en saliva poro a poro
o camiño ata o instante
no que os xemidos e murmurios culpables
se comparten como amantes
en un pacto incruento de pernas entrelazadas
de bocas insaciábel
de mans ousadas e atrevidas
sen palabras
derrubados en  sosego
 corpo a corpo agachados no silencio
feitizo de  amor e sexo.
Verte espida e apurar o sabor suave
da ferida que non doe
na que verter a semente cálida da vida
que brota dende a escura cova do teu ventre
e na que durme a orixe do desexo.
Verte espida e recorrerte
perdéndose no labirinto da carne
e afundirse nela unha e mil veces
entrar e saír do teu corpo
 baixo o meu peito tremente
nun combate sen sangue, sen duelo, nin morte
buscando sen desmaio consolo
nas ardentes areas  da luxuria
mentres te quito o vestido
mentres espida de todo
 me miras
e Eu de novo te miro e te aloumiño
te admiro e digo o teu nome.....





Comentarios

Entradas populares