OS FERRANCHOS DE BIBI.-........










FERRANCHOS DE BIBI.-
Jose Luis Abeledo (BIBI) è o escultor da madeira e o ferro.,como puiden comprabar recentemente admirando parte da súa obra colgada nas paredes do CAFE DE MILI, en Lalin, onde artistas consumados e aficionados coma min temos a sorte de poder colgar as nosas obras, e de paso aprender dos demais.

 As esculturas de Bibi nacen do mesmo material no que atopan o seu ser, a súa esencia na preexistencia dunha idea, dun soño que se materializa golpe a golpe. Son os propios elementos, os que teñen atrapado no seu interior esta obra, que Bibi libera e comparte conosco.



Cada unha das pezas son unha historia en se mesma, e polo tanto constitúen un xeito diferente e moi especial de ver, paladear e comprender a arte que brota húmida das mans deste formidable creador, deste artista, que entende o acto de creación coma unha composición, unha entrega, unha aventura máxica na que descompoñer o pasado dun trato vello e inútil, ferruxe e madeira acarunchada en algo novo, que coma ave Cénit xurde da cinza do esquecemento baleiro para quedar por sempre atrapado na fermosura do que os soños de Bibi trouxeron onde agora quedaron atrapados.


Ferros consumíndose na humidade do aire, partes sólidas e liquidas dun planeta inútil e baleiro, nunha atmosfera cero de pasado. Ferro e madeira para traballar, para dar forma e reconverter, duro e dócil ao mesmo tempo, doce e suave, ferro quente, e ferro frío, madeira nobre e arte que ten o seu berce na terra seca e estéril do artista.

Ferranchos son os ferros, as pezas en desuso, das palleiras e alpendres esquecidos das nosas aldeas baleiras de risas que chama por nos e nos recorda o que somos,  o que fomos, o que temos agochado na noite dos tempo, nos buratos negros do corazón do artista, deste Jose Luis Abeledo, Bibi que enche os nosos días de café ao tempo que soña e reinvinta a arte figurativa dos ferranchos....     
ANGEL UTRERA........

Comentarios

Entradas populares