ENCONTRO EN POESIA NA FRAGA DE CATASOS (III ENTREGA).

Terceira entrega doutros catro poemas, de catro poetas mais dos que xenerosamente se sumaron ao acto, encontro en poesia pola Fraga de Castasos, "A Fraga Bonita", o pasado Domingo dia oito de Novembre, dentro do IV encontro  de poetas e artisas,









 no marco incomparable da Fraga, onde deixamos as nosas pegadas en forma de palabras e versos, e o noso desexo reivindicativo de salvar a nosa fraga da especulaciòn, o poder dos cartos, e a forza irracional dos poderosos, neste caso o desexo de Union Fenosa, de arrasar a fraga para a instalaciòn dunha liña de alta tensiòn...


DIEGO Q.S
 Rinse do que facemos
Un grupo de artistas
un grupo de tolos
Intrigamos ao mundo
e escapan
de nós
Dinnos que non pensemos
Onde a liberdade
é UN SOÑO
XA ESTAMOS FARTOS
Entre mortos vivimos
Riremos na súa cara OS IGNORADOS
Mataremos esa IGNORANCIA
ImaxinémoLOS marxinados a ELES
NÓS no seu sitio
Arrincando sementes de INCULTURA
LOITEMOS POLA ARTE
Diego Q.S.













HELENA VILLAR JANEIRO
Pradairo,
teixo,
sobreira,
freixo,

capudre,
bieiteiro,
carballo,
piñeiro,

abraira,
cerquiño,
rebola,
sanguiño,

xardón,
castiñeiro,
cerdeira,
espiñeiro,

érbedo,
aciñeira,
faia,
nogueira

bidueira
ameneiro
olmo,
salgueiro.
Helena Villar.




AGURTZANE ESTRADA
Puedes mirar en las hojas caídas y reconocer el daño que alguien te hizo con palabras hirientes, las lágrimas que las mentiras te arrancaron, los esfuerzos desperdiciados por promesas incumplidas, los sueños quemados por apoyos que nunca llegaron, las alegrías que se te han quedado pequeñas sin apenas usar, la rabia y la impotencia por las manipulaciones de quienes buscan victimas para sentirse reyes en tierra de nadie.....Cada hoja deja una huella antes de caer...y surge un retoño que intenta ser libre ...

                                                                                                                                                                      A.Estrada (Dende Bilbao).
 




CARLOS NEGRO
Catasós, quilómetro cero

Nos últimos anos, a partir do enorme éxito da campaña Vivamos como galegos do Grupo Gadis, algunhas grandes empresas acolléronse con entusiasmo á estratexia publicitaria de vender identidade de país, na procura dun achegamento afectivo á cidadanía. Tratan, en definitiva, de asociaren a súa política comercial a unha serie de valores culturais e antropolóxicos que provocan empatía nos potenciais clientes, a partir dunha exaltación dun galeguismo tépedo que lle dá un novo verniz aos vellos tópicos, mais que desemboca nunha exaltación sentimental moi arredada da problemática concreta dunha comunidade que adoita negarse a si mesma.

Neste contexto, levamos algunhas semanas escoitando os anuncios de Gas Natural Fenosa a presumir do seu apelido galego, como garante do seu “compromiso co medio ambiente, a cultura e o progreso de Galicia”. E de acompañamento a este engaiolante discurso, as imaxes que nos venden amosan unha sucesión de paisaxes naturais esplendorosas, aínda con soutos e carballeiras, e coa melodía dun piano a subliñar a tonalidade lírica dun relato tan edulcorado como unha serie de princesas da factoría Disney.

Añadir leyenda
Porén, a estas alturas da película, e logo de experiencias tan traumáticas como a da crise do Prestige, pouco sorprende xa o cinismo mercantilista das grandes corporacións, adestradas para promocionaren en público xusto aqueles valores éticos que, alí onde se apagan os focos, ignoran por completo. Pois, na práctica cotiá, o modo de actuar destas empresas responde a aqueles principios que Eduardo Galeano aplicaba para definir con exactitude poética o carácter dun home de éxito:

Non pode mirar a lúa sen calcular a distancia. Non pode mirar unha árbore sen calcular a leña. Non pode mirar un cadro sen calcular o prezo. Non pode mirar un menú sen calcular as calorías. Non pode mirar un home sen calcular a vantaxe. Non pode mirar unha muller sen calcular o risco.”

Por iso, ao tempo que Gas Natural Fenosa bombardea as pantallas coa historia do seu idílico romance con Galicia, está a piques de iniciar a construción dunha liña de alta tensión (LAT 132 KV) desde O Irixo ata Lalín, cuxo trazado ameaza con destruír o entorno natural da Fraga das Casas Vellas, en Catasós, catalogada como solo rústico de especial protección forestal. Trátase dun ecosistema de gran valor paisaxístico, con milleiros de árbores autóctonas, castiñeiros e carballos na súa maior parte, moitos deles con máis de douscentos anos de vida (casualmente, moi semellantes no seu porte aos que Gas Natural Fenosa amosa na publicidade como símbolo dunha Galicia de catálogo turístico).

Como acontece acotío nestes casos, existe unha mobilización social na comarca de Deza que está a ofrecer á empresa alternativas razoables contra esta agresión paisaxística, (https://www.facebook.com/salvemoscatasos), e que formula como óptima solución a de soterrar un tramo da liña de alta tensión seguindo o trazado da estrada N-525, evitando así a tala de árbores e a destrución do entorno da Fraga e do Castro de Catasós. Porén, e como por desgraza adoita ser tamén habitual, tanto o Concello de Lalín como a Xunta de Galicia, institucións ambas as dúas gobernadas polo Partido Popular, teñen optado claramente por defender os intereses da empresa, gardando silencio ante as reclamacións da veciñanza, e aceptando como única opción posible a de Gas Natural Fenosa, que opta, como non podía ser doutro xeito, pola solución técnica menos custosa para a súa conta de beneficios.

Como poden ver, hoxe non lles ofrezo unha historia novidosa. Trátase dun capítulo máis desa novela negra por entregas na cal a cobiza capitalista converte o noso patrimonio colectivo nun produto de mercado, que se vende a baixo prezo a cambio de nada. Como aconteceu hai pouco coa ameaza da mina de ouro en Corcoesto ou nas terras do Irixo co proxecto de incineradora. Como sucedeu días atrás cos restos arqueolóxicos da cova de Eirós, ameazados pola actividade dunha empresa de cementos. E como ocorre nestes días grises de novembro no concello de Lalín, que quizais axiña teña que actualizar a iconografía do seu escudo municipal, substituíndo o carballo centenario dos devanceiros por un poste de alta tensión de deseño cool, máis acorde co castro tecnolóxico onde exerce o alcalde.

Porque, como diría o noso ilustrísimo Don Xosé Crespo, en Lalín comeza e remata todo o  que existe, e por iso somos eternamente o quilómetro cero.


(Carlos Negro).

Comentarios

Entradas populares