CASAS VELLAS-CATASOS (A FRAGA BONITA). o MEU POEMA " A CASA ENCANTADA".

E finalmente co meu poema "A Casa Encantada", poño o punto e segudio a esta serie de entradas de poetas e poemas, que nos reunimos o passado dia oito de Novbre. nas Fragas de Catasos, para poñer en valor os nosos versos e palabras polas arbores en perigo. Xunto coa nosa voz, estivo a musica de Miriam Moutiño, e a obra creativa, en forma de acuarelas de Xulio Garcia Rivas..... 
 O excelente traballo da Asociacion Cultural O Naranxo e Lalin, e os amigos da plataforma pola defensa da FRaga de Catasos, que nos abriron as suas portas de par en par.....









ANGEL UTRERA.
A casa encantada
ten paredes de cartón
Sabe a fresa e chocolate
E suave e doce
coma una garatuxa.
A casa encantada
esta chea de xanelas polas que mirar
e ver os soños dos ausentes
A casa encantada
tan so pódese visitar a escuras
en branco e negro de soños húmidos
e sen voz
na casa encantada falar non é posible
o ruído e o silencio infinito
murmurio transparente do feitizo
da irrealidade e a nada
da casa encantada da fraga. 
Angel Utrera




Comentarios

Entradas populares